A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai inaugurar o ano 2015 facendo a ruta de Santa Eulalia a Vilanova nas bonitas terras dos Oscos de 12 quilómetros e dificultade media. Os prezos serán de 25 € para os socios e de 30 € para os non socios e inclúe autobús, comida e máis seguro. A saída será ás 09.00 horas da Estación de Autobuses de Burela e recoméndase levar botas e bastón. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves 8 de xaneiro ás 20.00 horas.
Pasada das Cabras inaugura o 2015 cunha ruta polas terras de Oscos
Pasada das Cabras inaugura o 2015 cunha ruta polas terras de Oscos
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional