Cervo, 21 de xaneiro de 2015.- O Concello de Cervo organiza un curso de maquillaxe creativa gratuíto e dirixido principalmente a mozos e mozas de 16 a 33 anos. Aínda así, tamén poden participar persoas doutras idades, e nese caso deben contactar coa oficina da Omix para consultar os detalles. A inscrición pode facerse ata o 30 de xaneiro na Casa do Mar.
Esta actividade desenvolverase o día 21 de febreiro na Casa do Mar, en horario intensivo de 10 a 14 horas e será impartido por “Belén te pinta”, unha profesional con moitos anos de experiencia en face&body painting (maquillaxe artística de cara e corpo), con diversos recoñecementos internacionais e que recibiu formación por parte de campións do mundo de arte corporal.
Todos os participantes do curso recibirán un diploma no que a profesora certifica a súa asistencia En canto aos contidos, inclúen as técnicas de maquillaxe infantil á auga, como utilizar os pinceis, aplicar unha base, o difuminado e farán un exercicio práctico de maquillaxe por parellas. Os deseños das maquillaxes serán de fantasía, como os que se adoitan facer en festas de aniversario, de disfraces ou temáticas (Entroido, Halloween, Nadal…).
A edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, asegura que esta é unha actividade “novidosa, na que os asistentes poderán plasmar a súa creatividade e a súa imaxinación e ao mesmo tempo iniciarse nesta disciplina da maquillaxe profesional”.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



