Lugo, 21 de xaneiro de 2015.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Plan de banda larga rematou en catro anos coa fenda dixital entre a fachada atlántica e o interior de Galicia, e avanzou o compromiso de incrementar a velocidade con 30 megas para toda a Comunidade e 200 para as cidades. “O obxectivo é que toda a poboación teña en 2020 unha cobertura dunha calidade de 30 megas de velocidade e que as cidades pasen de 100 megas e 200. Este é o noso horizonte, que é o horizonte óptimo que marca a UE para os países da Unión en 2020”, dixo, ao que engadiu que, para acadar esta meta, se investirán máis de 100 millóns de euros, que veñen sumarse aos 230 millóns que desde 2010 -entre financiamento público e privado- se levan investidos.
Así mesmo, resaltou que existe un compromiso de investimento dos operadores móbiles en núcleos de menos de 5.000 habitantes, derivado do proceso de reparto do dividendo dixital.
O titular da Xunta, que presidiu este mediodía o acto de presentación do Plan de banda larga: presente e futuro, salientou que este plan logrou que o acceso a internet sexa universal na Comunidade: “Hoxe podemos dicir que practicamente o 100% das persoas que viven en Galicia teñen acceso a unha banda larga de, como mínimo, dous megabytes por segundo”, aseverou.
A nivel municipal, o titular do Goberno galego subliñou que, mentres en 2010 só dous concellos de toda a Comunidade podían garantir que a súa cobertura de internet acadase ao 90% da poboación, hoxe son 309; “é dicir, multiplicamos por 154 e os cinco concellos restantes teñen unha cobertura entre o 70% e o 90%”.
Diante destas cifras, Feijóo salientou que hoxe os fogares galegos poden dispoñer dunha conexión a internet digna, “reducimos as desigualdades que tiñamos hai catro anos e as tecnoloxías son un dos motores económicos que nos situarán no proceso de consolidación da recuperación da nosa economía”.
Durante a súa intervención, o mandatario galego resaltou que o Goberno autonómico apostou pola Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia; unha lei que segundo aseverou crea un entorno favorable para o investimento dos operadores e impulsa a extensión das infraestruturas de comunicacións por todo o territorio galego.
Sobre este aspecto, explicou que en 2013, as grandes empresas deste sector asinaron co Goberno galego o Pacto Tecnolóxico, que selou o compromiso investidor das principais compañías tecnolóxicas en Galicia.
O responsable do Goberno galego referiuse así a R como un dos exemplos máis destacados de empresa de novas tecnoloxías con alma galega, e que entre 2014 e 2015 investirá 95 millóns de euros en mellorar o seu servizo e ampliar as velocidades de acceso. E precisou que Telefónica dedicou, en 2014, 50 millóns a levar a fibra óptica aos fogares galegos e outros 14 en estender na comunidade a tecnoloxía 4G, mentres que Vodafone comprometeu 70 millóns de euros en desenvolver tamén as súas redes 4G e en ampliar a cobertura 3G nas poboacións de menos de 1.000 habitantes.
Feijóo fixo fincapé en que unha internet para todos, sen distinción de lugar de residencia é o compromiso firme da Xunta “e que hoxe podemos dicir que temos acadado”. E concluíu, incidindo no obxectivo de incrementar a velocidade e a calidade, pasando de 2 megas a 30 megas e de 100 megas a 200 nas cidades, “porque Galicia -dixo- ten que estar plenamente integrada na economía global e non hai economía global sen a dixitalización das nosas empresas e fogares”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



