Cervo, 11 de febreiro de 2015- Airiños do Xunco e o Concello traballan nos últimos detalles dos Entroidos de Cervo e San Cibrao respectivamente, nos que se mesturan as actividades infantís cos desfiles e concursos de disfraces. No caso dos actos para os nenos e nenas, en Cervo teñen preparado o tradicional playback infantil (sábado, 18.30 horas, Casa do Concello), mentres en San Cibrao poderán participar nun baile de disfraces (luns, 18.00 horas Casa do Mar).
En canto aos desfiles, o primeiro será o de Cervo durante o Domingo de Entroido (18.00 horas) que partirá do pavillón do CEIP e discorrerá polas rúas da vila rematando na praza do Souto, onde se entregarán os premios. En San Ciprián celebrarase o Martes de Entroido (18.00 horas) con saída e remate na praza dos Campos. Ademais, ese mesmo día haberá música coa Charanga As Farangullas e a Orquestra Suavecito, cea de Entroido que organiza o CIT e venda de bolos preñados a cargo da Asociación Península da Paz.
En ambos casos os organizadores premian aos participantes que se anoten con antelación. En Cervo as comparsas (máis de 8 compoñentes) que se inscriban ata este xoves 12 de febreiro recibirán unha cesta con produtos típicos do Entroido. En San Cibrao o prazo para inscribirse e recibir un detalle remata o venres 13. Nese caso beneficiaranse de vales de consumición en locais de hostalería e bolos preñados.
Despois desas datas a inscrición poderá realizarse incluso o mesmo día, pero xa sen dereito a eses agasallos. Para máis información poden contactar con Rafa 600 96 83 44 e Azucena 982 55 76 13 (Airiños do Xunco) para o Entroido de Cervo e coa Casa da Cultura no caso do de San Cibrao. Ao mesmo tempo, haberá premios aos mellores disfraces; en Cervo figuras de cerámica e cestas con produtos típicos e en San Cibrao repartiranse ata 2.300 euros.







A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.