Foz, 18 de febreiro de 2015.- Este venres día 20 de febreiro, ás seis e media da tarde, estarán en Librería Bahía os músicos MAGIN BLANCO, MARIA FALTRI E JORGE JUNCAL, para tocar e cantar as cancións do seu ultimo traballo GATUXO.
Trátase dun libro disco con letras e música de Magín Blanco, no que percorre o nacimento e crecemento dun neno a través de cancións cheas de ritmo, alegría e tenrura.