O presidente da Federación Rural Galega, Xurxo Álvarez, e o responsábel de sectores gandeiros, Elías Somoza, presentaron en rolda de prensa a II Asemblea Nacional prevista para o 29 de marzo no recinto do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, baixo o lema “O Futuro da Galiza é Rural”.
Xurxo Álvarez manifestou que “FRUGA xa ten acadado un lugar entre as Organizacións Profesionais Agrarias na Galiza (OPAs) e, cada vez máis, nos problemas que xorden nos sectores agrogandeiros do país somos un referente para os labregos e labregas”. Ao fío da actualidade, marcada pola multa de 88 millóns ás industrias leiteiras, indicou “que para o sector produtor a solución aos seus problemas non se encontra en que as industrias paguen multas por pórse de acordo nos prezos, se non en que as industrias nos paguen un prezo xusto polo noso leite e en que interveña a administración como garante de que se cumpran os acordos no marco dunhas negociacións entre iguais”.
Ademais, Elías Somoza aproveitou para reclamar que os “contratos homologados se cumpran co obxectivo de que lles permitan saber aos labregos e labregas a como van cobrar a produción e ter garantías da recollida”. Sinalou tamén que “o recoñecemento que dá a Administración galega á FRUGA debe materializarse xa coa presenza de representantes deste colectivo nas mesas de negociación”.
Coa chegada de Feijoo ao Goberno, o rural galego “padeceu unhas políticas tremendamente agresivas”, derivadas dunha acción política presidida polas teorías máis neoconservadoras e neoliberais, o que implica unha acción planificada de destrución do tecido social rural, “que ten a súa mostra máis evidente na constante desaparición de unidades produtivas agrarias e no abandono do rural”. En definitiva, estas políticas están a provocar pobreza e desertización da maior parte do territorio galego, o que se dá en chamar a “crise demográfica”.
Cuestionaron ademais o modelo das desiguais relacións coas empresas ás que lle venden os produtos. Se antes, cando dirixía o nacionalismo a Consellaría do Medio Rural, existían unhas mínimas regras de mercado, como os contratos homologados e estes eran negociados en mesas creadas ao efecto, o Goberno de Feijóo optou por deixar actuar libremente as empresas para que impoñan as súas condicións sempre en detrimento dos intereses de produtores e produtoras.
A efectos organizativos, a asemblea decorrerá entre as 10.30 e as 14.30 horas, para dar paso a un xantar de convivio. Haberá transporte colectivo desde as distintas comarcas.
Quen estivese interesado en participar nesta xornada de debate pode pórse en contacto con FRUGA no 681 027 859 e en lugo@fruga-galiza.org.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



