24 de marzo de 2015.- O voceiro de pesca do GPP no Congreso dos Deputados, Joaquín García Díez, defendeu hoxe, na Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio do Congreso, unha Proposición non de Lei do GPP pola que se insta ao Goberno a continuar traballando nas instancias comunitarias para conseguir que o resto de países da UE implanten sistemas de control e sancións homoxéneos cos xa implantados en España, en aplicación da lexislación comunitaria.
O obxectivo desta PNL, segundo explicou García Díez, é dar cumprimento ao Regulamento (UE) 1380/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, sobre a Política Pesqueira Común (PPC), “que establece como obxectivo da PPC garantir que as actividades da pesca e a acuicultura sexan sostibles ambientalmente a longo prazo, e que se xestionen de forma coherente cos obxectivos de xerar beneficios económicos, sociais e de emprego, e de contribuír á dispoñibilidade de produtos alimenticios”.
O voceiro popular recordou que o Goberno de España, do Partido Popular, tivo que lexislar moito e traballar para limpar a imaxe do noso país como país incumpridor e, neste sentido, recordou que se activaron mecanismos como completar a disposición da caixa azul a toda a frota maior de 15 metros, a utilización do Diario Electrónico a Bordo ou a incorporación, á normativa nacional, do Real Decreto 114/2013 polo que se creou o rexistro nacional de infraccións graves da Política Pesqueira Común, que incorporaba o sistema de puntos pola acumulación de sancións tanto ao patrón como o armador do buque.
García Diez destacou tamén a reforma levada a cabo da Lei de Pesca para reforzar o marco xurídico da loita contra a pesca ilegal non declarada e non regulamentada (pesca INDNR) e subliñou que, nesta loita contra a penca ilegal, o Goberno reforzou as inspeccións en porto para evitar que o peixe capturado con estas prácticas, aínda que sexa realizado por buques de terceiros países, teña entrada a través dos nosos portos no mercado comunitario.
Finalmente, Joaquín García Díez manifestou non entender como un grupo parlamentario, neste caso o grupo socialista, decidiu quedarse á marxe dunha iniciativa como esta que só pode beneficiar a España e máis concretamente aos intereses do sector pesqueiro español.
Para o voceiro popular, “votar en contra desta iniciativa é un exemplo máis da oposición que levan a cabo os socialistas”, que “se basea en disparar cos seus votos contra o PP sen importarlles que de rebote se poida prexudicar aos cidadáns, neste caso á xente do mar”.
Acordos pesqueiros
Pola súa banda, na mesma comisión, o Grupo Popular defendeu outra Proposición non de Lei para instar ao Goberno a continuar impulsando nas instancias comunitarias as melloras técnicas e a renovación dos acordos de pesca en vigor, así como a firma de novos acordos que permitan novas oportunidades á nosa frota pesqueira.
Dende o Grupo Popular púxose de manifesto que os acordos de asociacionismo pesqueiro representan unha oportunidade de traballo directo para miles de traballadores, tanto europeos coma non europeos, e particularmente españois.
Para o Grupo Popular, “o Goberno sempre tivo presente a importancia dos acordos pesqueiros”. Segundo dixeron, aínda sendo unha competencia da UE, a súa firma negóciase a petición dos estados membros e no período de Goberno do Partido Popular renováronse 12 dos 15 vixentes. Entre os máis recentes asinados, destacou os de Marrocos, Madagascar, Senegal, e o de Guinea Bissau, que estaba inoperativo dende 2012, polo golpe de estado acaecido nesta país. Segundo informou, hoxe encóntranse en negociación posibles acordos con Liberia, Tanzania e Kenya.
O obxectivo desta Proposición non de Lei é, “que o sector reciba a mensaxe de que o Congreso dos Deputados está por esta fórmula, que permite obter recursos en augas de terceiros países, e, por outra parte, dar proxección internacional ao feito de que o Parlamento español apoia os acordos de pesca, reforzando o labor do Goberno”.


















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



