Ribadeo, 22 de abril de 2015.- Acisa convoca o I Concurso de Debuxo do Día da Nai. Está dirixido a nen@s con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Os gañadores levarán como premio bonos de beleza valorados en 100 e en 50 euros para obsequiar as súas mamás, ademais dun diploma de recoñecemento.
No I Concurso de Debuxo do Día da Nai poderán participar todos os alumnos de ensinanzas primaria e secundaria de Ribadeo e arredores. Cada neno deberá presentar como máximo un debuxo orixinal, realizado con calquera material ou técnica, relativo ao día da nai. Terá que entregalo nunha folla de papel de tamaño A4, máximo DinA3. Establécense dúas categorías, unha para nenos e nenas de 3 a 6 anos e outra para niñ@s de 7 a 12 anos. Haberá 4 premios, dous por categoría, consistentes en bonos de beleza valorados en 100 e en 50 euros para as mamás dos gañadores, que poderán gozalos en dous centros asociados a Acisa. Os debuxos premiados recibirán un diploma de recoñecemento.
Os traballos poderán entregarse nos comercios asociados a Acisa xunto co tícket dalgunha compra realizada estes días para agasallar as mamás. A data límite de entrega será o 1 de maio ás seis da tarde.
Os debuxos deberán levar o nome do concurso, o título da obra, nome e apelidos do concursante, idade, teléfono de contacto e o nome da súa mamá.
Un xurado, formado por persoal cunha dilatada experiencia no ámbito educativo e artístico, reunirase o 5 de maio ás 17 horas para decidir os traballos gañadores.
Acisa tamén celebrará o día da nai repartindo flores. Os encargados de facelo serán os propios establecementos comerciais, eles entregarán flores aos seus clientes e ás mamás o próximo 3 de maio.