Con motivo da celebración do 75 aniversario da fundación do Colexio Martínez Otero de Foz, organízase unha charla coloquio o vindeiro mércores 29 de abril ás 16.00 horas no Salón de Actos do colexio.
Participará o alumnado de 4º de ESO, facendo as funcións de entrevistadores, e ex alumnos do centro que foron ou son líderes políticos locais:
-D. Javier Jorge Castiñeira
-D. José Mª García Rivera
-D. Xaime Cancio Rodríguez
-D. Xoán Carlos González Basanta.
Falarán das súas lembranzas do colexio e someteranse ás preguntas que lles faga o alumnado de 4º de ESO.
Moderará o acto D. Ramón X. Eiras Fernández, profesor de Ciencias Sociais do colexio e Xefe de estudos do mesmo.
O acto está aberto ao alumnado do centro (desde 3º de Primaria), familias do noso alumnado e público en xeral.
O acceso ao salón de actos para o público en xeral , será pola porta de acceso de alumnado da rúa Paco Maañón; aquelas persoas de mobilidade reducida accederán ao salón pola porta principal do centro para ter acceso ao ascensor.