Ferreira do Valadouro, 12 de abril de 2015.- No pleno municipal celebrado onte no Valadouro, aprobouse por unanimidade o contido da moción do BNG referente ás homenaxes que o Concello debe render a dous persoeiros vinculados á historia do val: XOSÉ VIZOSO “O Mestre do Condado” e RAMÓN GASALLA “O Médico dos Pobres”.
No debate do devandito pleno mesmo se falou de que ao atoparse o paseo fluvial sen nome de seu, podería levar o de Xosé Vizoso.
O BNG amosa a súa satisfacción polo tributo que o municipio renderá a dous homes que cos seus coñecementos e habelencias (Gasalla no campo da saúde e Vizoso no do ensino) axudaron a mellorar a vida dos valecos nunha época de penuria económica e carencia de recursos no rural.
Ramón Gasalla conta na actualidade 98 anos; Xosé Vizoso faleceu no ano 2003.