Ribadeo, 12 de abril de 2015.- Manuel Vázquez González con nome artístico elfarero, inaugurou onte o seu novo estudio na rúa Avd. Asturias 10 en Ribadeo. O devandito estudio é un novo concepto, componse de dúas alturas e tres partes, na parte de abaixo un gran ciclorama de 25 metros cadrados e outra zona con fondos diversos de estudio, na planta superior un espazo de 70 metros cadrados exclusivo a nenos.
Con isto o fotógrafo comeza unha nova etapa sen deixar os seus outros proxectos como os documentais turísticos mensuais que realiza por todo o mundo, os seus traballos para Google e as súas colaboracións coa prensa.
Á inauguración acudiron cen persoas que apoiaron o emprendedor neste ambicioso proxecto.