Foz, 11 de abril de 2015.- Este sábado vimos de presentar nun acto público na Casa de Cultura de Foz a lista electoral para as vindeiras eleccións municipais de “Foz,Plataforma de Futuro”.
En primeiro lugar dar as gracias a todos os veciños e veciñas que nos acompañaron, e pedir disculpas a todas as persoas que tiveron que quedar de pe, xa que se nos quedou o local pequeno,e foi unha inmensa cantidade de xente. Darlle tamén públicamente as gracias a Don Francisco Rodriguez lestegas, veciño de Foz e decano da USC, que abreu o acto coa sua intervención,defendeu na sua intervención a formación de novas plataformas e reinvindicou que é o momento das persoas, mais persoas e menos políticos profesionais,deu o apoio público a esta Plataforma, defendendo unha nova forma de facer política que ahora mais que nunca necesitan os veciños de Foz, a continuación interveu María Peña Rubiños Fernández numero 3 da lista electoral,explicando os motivos que a levaron a estar nesta Plataforma e mostrando unha inmensa ilusión como dice o noso eslogan,a continuación Juán Luis González Riveiro número 2 da lista electoral desgranou un decálogo político desta formación,transparencia,participación veciñal, humildade e traballo,en resumen outra forma de facer política, e cerrou o acto o candidato Luis Alfonso Sixto Legaspi para presentar a toda a sua candidatura.
Darlle as gracias a todas as persoas que aceptaron ir neste novo proxecto e todos e todas elas sin pedirme nada a cambio, dispostas a traballar por e para os veciños do noso Concello.Dispostas a facer unha nova política, sen disputas partidistas, facer unha política constructiva,cercana,e sobre todo participativa apostando pola participación ciudadana.Unha candidatura cunha media de 37 anos, na que van representados moitos dos sectores sociais do noso Concello.
Como mostra do cambio,dunha nova forma de facer política, e de transparencia e seriedade podemos decir, que o candidato ten presentado xa a declaración da renda do exercicio pasado e a declaración de bens , e a maiores todas as persoas que van nesta lista que o ano pasado fixeron a declaración da renda, tamén a teñen presentado no local da Plataforma para que calquer veciño poida consultala.
Así mesmo quero manifestar con rotundidad absoluta o convencemento de que “Foz,Plataforma de Futuro” estamos en condicións de liderar un cambio de goberno para Foz, estamos convencidos de que a veciñanza organizada é imparable, e chegou o momento dos veciños.
Non estamos aquí para ser a comparsa da política profesional, non estamos aquí tampouco para darlle o gobernó a un alcalde coma o que tivemos durante estes catro anos,un alcalde oscuro,que ten a vila paralizada,sen proxecto nin equipo,prepotente coa xente do común e sumiso ante as élites do seu partido,merecemos un alcalde que non nos minta,que non nos minta dicindo que nos sacou da ruina económica, que non nos minta co fraude do megaporto e que non nos minta co “coidado” que ten o pobo.Pero tamén podemos decir claro e alto que non estamos aquí para facer Alcalde ó vello capitán que leva 30 anos en cargos públicos,o noso compromiso é claro,non faremos Alcalde a quen leve mais de 8 anos en cargo público algún,non faremos Alcalde a quen xa pasou por cinco partidos e ahora encabeza a lista electoral dun partido de esquerdas cando con anterioridade foi afiliado ó PP.
Hai duas opcións,gobernar para os intereses dos partidos ou gobernar para o pobo.Nós somos a alternativa do pobo.Eles na loita partidista,nós na loita da xente pola sua dignidade.
Esta lista que presentamos vamos traballar para os mais pequenos para que por exemplo teñan un parque infantil cuberto para xogar cando fai mal tempo.Esta lista vamos a traballar para a xente parada do nos Concello,e xuntaremos todas as forzas socias e poñeremos as bases para crear emprego nas empresas instaladas e poñeremos as bases para atrae novas empresas.Esta lista vamos traballar para mellorar e ampliar os servicios sociais,temos o compromiso de modernizar o noso concello,modernizar as redes sociais,, e facer por cada delegación unha páxina web,queremos implantar un sistema de comunicación en rede co Concello para que calquer problema,deficiencia,ou suxerencia se poida facer sin ter necesidade de desplazarse a Foz,ou falar co Alcalde ou Concelleiro de turno, tamén esta lista temos o compromiso de atender os nosos maiores que tanto nós derón e tanto merecen,temos que recuperar a asociación de Xubilados de Foz,merecen que se volvan a facer os viaxes que tanto lles gustaban, e o Concello é quen ten que liderar ese proxecto.Tamén esta lista creemos na participación veciñal, e queremos que os veciños participides non só cada catro anos para votar,senón tamén nas decisión importantes do noso Concello.
LISTA ELECTORAL “FOZ,PLATAFORMA DE FUTURO”
1- LUIS ALFONSO SIXTO LEGASPI (FOZ): 39 ANOS-CASADO- 1 FILLA DE 7 ANOS- ESTUDIOS FPI ELECTRÓNICA –PROFESIÓN FONTANERO. REPRESENTANTE SINDICAL DOS TRABALLADORES GESTAGUA-FOZ, E Ó MESMO TEMPO REPRESENTANTE DE TODOS OS TRABALLADORES DE GESTAGUA-ESPAÑA NO COMITÉ EUROPEO DO GRUPO SAUR.
2- JUÁN LUIS GONZÁLEZ RIVEIRO (FOZ): 51 ANOS-CASADO-2 FILLOS-ESTUDIOS TÉCNICO ESPECIALISTA HOSTELERÍA-PROFESIÓN PROFESOR.
3- MARÍA PEÑA RUBIÑOS FERNÁNDEZ (NOIS): 35 ANOS-CASADA-1 FILLO 7 ANOS-ESTUDIOS AUXILIAR ADMINISTRATIVO-PROFESIÓN EMPLEADA DE SUPERMERCADO.
4- MARCOS PALEO OTERO (CANGAS): 35 ANOS-SOLTEIRO-SEN FILLOS-ESTUDIOS FPI MECANIZADO-PROFESIÓN MECÁNICO INDUSTRIAL.
5- ISABEL CABANA BARRERA (VILARONTE): 31 ANOS,CASADA-1 FILLA-ESTUDIOS PUERICULTURA-PROFESIÓN AUTÓNOMA HOSTELERÍA.
6- ANA NEIRA OTERO (FAZOURO): 36 ANOS-CASADA-1 FILLA- ESTUDIOS FPII ADMINISTRATIVO,CICLO SUPERIOR DE INFORMÁTICA-PROFESIÓN CUIDADORA INFANTIL.
7- CESAR FERNÁNDEZ VILA (SAN MARTIÑO): 32 ANOS-SOLTEIRO-1 FILLO DE 4 ANOS-ESTUDIOS ESO-SITUACIÓN LABORAL PARADO.
8- MARÍA BELÉN SÁNCHEZ GARCÍA (SAN ACISCLO): 27 ANOS-SOLTEIRA-ESTUDIOS TÉCNICO ADMINISTRATIVO-PROFESIÓN ADMINISTRATIVA.
9- JOSÉ MANUEL CASABELLA OTERO (CORDIDO): 34 ANOS-CASADO 1 FILLA-ESTUDIOS ESO-SITUACIÓN LABORAL PARADO.
10- PAULA RICO RAMOS (MARZÁN): 21 ANOS-SOLTEIRA-SEN FILLOS-ESTUDIOS TÉCNICO DE SERVICIOS DE RESTAURACIÓN-PROFESIÓN ESTUDIANTE.
11- LUIS MARRUBE SEIJAS (STA CECILIA): 44 ANOS-SOLTEIRO-SEN FILLOS-ESTUDIOS ESO-PROFESIÓN COMERCIAL.
12- RAMÓN FRENÁNDEZ GÓMEZ (VILAXOANE): 53 ANOS-SEPARADO-1 FILLA-ESTUDIOS PRIMARIOS- SITUACIÓN LABORAL XUBILADO.
13- MARÍA TERESA TEIJIDO DÍAZ (FOZ): 20 ANOS-SOLTEIRA-SEN FILLOS- ESTUDIOS TÉCNICO EN SERVICIOS- PROFESIÓN ESTUDIANTE.
RESERVAS:
14- ESTELA LOUSAS RAMOS (VILAXOANE): 38 ANOS-CASADA-2 FILLOS-ESTUDIOS ESO-SITUACIÓN LABORAL AMA DE CASA.
15- JAVIER GIL CILLERO (VILARONTE): 33 ANOS-SOLTEIRO-ESTUDIOS LICENCIATURA DE HISTORIA-SITUACIÓN LABORAL PARADO.
16- XESÚS BASANTA MARTÍNEZ (FOZ): 64 ANOS-DIVORCIADO- 1 FILLA- ESTUDIOS PRIMARIOS-SITUACIÓN LABORAL PARADO.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



