Santiago de Compostela, 14 de Abril de 2015.- Pleno – O deputado do BNG Cosme Pombo lamentou este martes a decisión de Pilar Rojo impedindo a entrada á tribuna de convidados aos traballadores/as da empresa Vestas de Chavín- Viveiro para presenciar o debate da iniciativa do BNG e celebralo entrada a noitiña co fin de silencialo nos medios de comunicación.
Na súa intervención, o nacionalista defendeu manter os postos de traballo e a actividade empresarial da factoría e demandou do Partido do Partido popular “un compromiso real” para as terras de Lugo e o sector industrial de Galiza. Mediante esta Proposición non de lei, dixo, agardamos que o Goberno galego cumpra os seus compromisos cunha empresa que recibiu axudas, “diñeiro público” e non sega regalando millóns de euros ás multinacionais.
Nesta noite, en alusión as altas horas do debate, estamos a falar da empresa “Vestas” Nacelles Spain” ubicada no concello de Viveiro, instalada en Chavín para producir pezas denominadas “góndolas”. A Multinacional danesa “Vestas” mantén o liderazgo en facturación da provincia de Lugo (642 millóns de euros) e ofrece traballo fixo cualificado a 150 traballadores e traballadoras e temporal a varios centos máis, de aí, recalcou Cosme Pombo “a importancia para a economía da Comarca da Mariña”.
Lamentablemente, explicou, a dirección da empresa comunicou o 17 de maio aos traballadores a paralización da produción da fábrica de aeroxeneradores de Chavín-Viveiro, durante varios meses, baixo a escusa dunha “reorganización da plantilla fixa” e que suporá un expediente de extinción de emprego para 54 taballadores e un expediente de regulación temporal para os 95 restantes.
O Comité de empresa mostrou o seu desacordo coa decisión da empresa e reclamou o apoio social e dos grupos políticos para tentar defender os postos de traballo e a actividade empresarial. Os membros do Comité de traballadores non confían no plan de traballo presentado pola empresa para a fabricación do novo Super Slim de 2 MW porque ao seu entender, “pode converter a factoría de Chavín en secundaria” cando na actualidade é principal. Os EREs presentados reducen a capacidade de produción da planta de Viveiro e coloca os postos de traballo e as condicións sociolaborais en “grave risco”.
O grupo parlamentario do BNG, afirmou, comparte a preocupación do Comité de empresa e mostrou o seu apoio ás súas reivindicacións porque entende que os axustes de plantillas nas empresas do sector eléctrico “xa foron acometidos ao longo destes anos”.
O BNG considera que non se poden eliminar postos de traballo nas empresas subvencionadas con fondos públicos e o Goberno galego debe tomar iniciativas para garantilos e xerar actividade para aumentar o número de postos de traballo no sector eólico galego.
Balseiro ofrece publicamente o apoio aos traballadores pero non avanza medidas concretas contra os despedimentos
Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro asegurou que a empresa VESTAS está en Viveiro “grazas ao Partido popular” e o anunciou dos EREs “non é satisfactorio”. O popular afirmou que “o Goberno de Galiza comprométese cos traballadores de VESTAS” pero non avanzou como se plasmaría ese acordo e con que consecuencias polo que o deputado advertiu que o BNG seguirá moi de cerca os puntos da iniciativa nacionalista para comprobar que se cumpren ou se o acordo acadado hoxe no Parlamento é “un novo engano ante a proximidade das eleccións”
O parlamentario do BNG rematou a súa intervención lamentando a posición do Partido popular na liña de seguir empobrecendo a comarca da Mariña, “non podemos consentir máis paro nin máis emigración” polo que volveu a reclamar instar á Xunta a garantir os postos de traballo existentes antes dos anuncio dos EREs e facer valer as axudas públicas concedidas a “Vestas Nacelles Spain”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



