Santiago de Compostela, 14 de abril de 2015.- A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, xunto á Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, a tamén socialista Lara Méndez, encabezou unha delegación de máis de cen traballadores da empresa Vestas que viaxaron este martes a Santiago para escoitar o debate dunha proposta no Parlamento de Galicia para reclamar a mediación da Xunta e parar o ERE que afecta á empresa mariñá.
Tanto a Alcaldesa viveirense como a Vicepresidenta provincial reivindicaron que se garanta a viabilidade desta planta e se manteñan os 150 postos de traballo, “fundamentais para centos de familias da Mariña, entre os empregos directos e indirectos, e para a súa economía”, así como un compromiso firme e medidas concretas da Xunta para conseguilo.
Lembraron neste senso que a corporación municipal de Viveiro manifestou de xeito unánime o apoio aos traballadores de Vestas e rexeitou os dous EREs propostos pola empresa nun pleno extraordinario e urxente convocado a finais de marzo pola rexedora da localidade.
Na Deputación de Lugo tamén se adoptou un acordo de todos os grupos políticos no Pleno de marzo no que se demanda á Xunta medidas que garantan o futuro da fábrica, así como a creación das infraestruturas necesarias para axudar ás empresas a ampliar a súa capacidade produtiva na Mariña.
A Alcaldesa vivariense subliñou así mesmo que, “se alguén se comprometeu totalmente cos traballadores de Vestas e co seu futuro foi este goberno municipal, con todos os riscos que iso supuxo”.
Debate no Parlamento
O deputado da Mariña José Ramón Val foi o encargado de defender a posición dos socialistas galegos, que se sumaron á proposta para que o goberno galego “asuma o compromiso de mediar e facer valer a súa posición para garantir a continuidade dos empregos”.
Val dixo que o desleixo do goberno galego co sector das enerxías renovables provocou unha parada de produción de varios meses nunha empresa “altamente rendible e competitiva”. Esta situación traduciuse nun ERE extintivo de 54 traballadores e o ERE temporal de outros 95, así como a externalización do servizo de almacén.
O deputado socialista explicou que a suspensión das primas ás renovables “non só significa a paralización do plan eólico, senón tamén un golpe mortal á industria metal – mecánica galega, cun importante custe en destrución de postos de traballo”. Lembrou os casos de ECAR, en Mondoñedo, que despediu a 69 traballadores, o GrupoMon, ou a factoría de Sargadelos, cun ERE extintivo que afectou a 70 persoas.
Criticou o silencio do goberno galego fronte a unha estratexia enerxética dirixida a “poñer en marcha medidas recadatorias e cebarse cos custes regulados e coas enerxías renovables”. No seu obxectivo de rematar co déficit de tarifa, e coa escusa de reducir o prezo da electricidade, dixo, o goberno “só ten actuado contra as enerxías renovables e asumido como súa a posición dos lobbys eléctricos”.
Advertiu da situación de Galicia, claramente prexudicada cando produce o 8,8 por cento da enerxía eléctrica do Estado, conta co 11,5 por cento do parque eólico e o 17 por cento da potencia instalada e produce o 21 por cento da xeración eléctrica a partir de fontes renovables.
Malia esta situación a priori privilexiada, a paralización sectaria do plan eólico posto en marcha polo goberno de Touriño e o seguidismo irreflexivo da estratexia do goberno central sitúa ao borde da extinción á industria galega das renovables, a pesares de que esta produción eólica sexa imprescindible para que España cumpra co obxectivo da Estratexia 2020 da UE.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



