O grupo de montaña do CD Marqués de Casariego realizará o vindeiro sábado 11 de abril unha ruta por Somiedo con data límite de inscrición o xoves 9; mentres que o domingo 19 participará no V Encontro Sendeirista Astur-Galaico que organizan os “Roteiros de Pol” con música de benvida, dúas propostas de roteiros segundo distancia, comida opcional na Carballeira de Mosteiro e queimada e para o que se pecha a inscrición o venres 10 de abril. Os prezos das actividades son de 12 euros, 5 para os socios e 3 para socios colaboradores en ambos casos. Os interesados pódense inscribir nos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 e 608 540 828 ou a través do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es.
O grupo de montaña de Tapia continúa camiñando por Somiedo e Pol
O grupo de montaña de Tapia continúa camiñando por Somiedo e Pol
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional