Trinketrinke Teatro presenta ‘Aventuras na Cociña’ este mércores 15 de abril a partir das 17.30 horas na Casa da Cultura do Vicedo. Trátase dunha actividadede animación á lectura cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de O Vicedo dentro do programa LER CONTA MOITO.
Este contacontos está dirixido a todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria e trata de fomentar hábitos de alimentación saudable a través de divertidas historias contadas polos compoñentes de Trinketrinke teatro.
“Promover hábitos saudables na alimentación dende os contos e fomentar o uso da biblioteca e a lectura,son os obxectivos desta actuación. Na aldea de Lonxedetodo ónde viven os Ratos de Biblioteca, hai unha ratiña moi vella á que todos chaman Avóa Violeta. A avóa Violeta está enferma, porque a pesar de ser vella leva unha vida moi activa (quizais demasiado para a súa idade): practica artes marciais, mergullo a pulmón libre, corre marathóns, a parte de ser, como é obvio, unha insaciable lectora. Pois ben, a avóa Violeta quedou esgotada e non se move da cama. Velaquí que a Ratiña Carolina (ou o Rato Camifuco ou a Ratiña Lupiña) visítanos hoxe para contarnos como vai acadar a recuperación da ratiña anciá”.