A segunda actividade do ciclo da AVV O Tesón “Visións do medio ambiente dende Ribadeo”, a conferencia de Óscar Chao Penabad “Máis aló das Catedrais: biodiversidade en Ribadeo e arredores” desenvolveuse este sábado 18 de abril.
Comezou facendo unha descrición xeral en torno ós piares conservacionistas, para pasar rápido ó enfoque de Ribadeo. Rápido porque facía falta o tempo: salientou que era unha selección, pero aínda así deu un repaso por máis de duascentas especies de plantas, animais mariños, terrestres e aves que se poden ver na nosa contorna, distinguindo algunha característica ou curiosidade delas, as especies invasoras, especies protexidas, a súa relación co hábitat… Das anduriñas e a súa baixada en número ó uso pola natureza na nova lagoa en zona protexidam deixada pola tentativa dunha piscifactoría en Meirengos, a visión do medio ambiente de Ribadeo, o seu estado de conservación, as posibilidades de coidado e mesmo o seu aproveitamento como recurso económico, foron tratados ben co fondo das diapositivas expostas, ben na charla posterior.
Como resultado, e dada a súa relación con Ribadeo, é posible unha futura colaboración entre Óscar e O Tesón para sacar adiante algunha obra sobre o tema.
A próxima semana, o venres 24, terá lugar a terceira e última actividade deste ciclo, a conferencia de Mark Adkinson sobre “A pesca recreativa como fonte de ingresos sostibles”.
Estracto do currículum de Mark Adkinson
Nado en 1952 na Gran Bretaña, estudou manexo porcino en centros universitarios de Nottingham e Norfolk. No 1972 chega a España para traballar en Huesca, e tres anos máis tarde, a Galicia, agora levando as granxas de selección do Grupo Conagra (Saprogal). Pasa despois á delegación en Galicia da británica PIC. Nesta época traballa tamén como consultor internacional.
No 1996 monta en Francia o centro mundial de selección xenética da empresa PIC. Dous anos despois volve a Galicia para traballar na empresa familiar. Cinco anos máis tarde, problemas de saúde lévano dar un xiro na súa actividade, montando unha páxina web coa venda de casas rústicas.
Ten un longo historial relacionado co medio ambiente: comezou hai 35 anos, presentando as dúas primeiras denuncias por delito ecolóxico en Galicia, o que fixo en solitario.
Ó ver a impotencia da loita legal en solitario, agrupouse na Asociación Galega de Pesca Fluvial, na que foi Vicepresidente, colaborando coa Xunta de Galicia na escritura da actual lei de pesca fluvial, aprobada no Parlamento Galego o 27/7/1992.
Desde hai 34 años tamén milita en AEMS Ríos con Vida (premio Nacional de Medioambiente 1998), sendo presidente da sección galega. Neste posto, realizou a Denuncia Penal polo cierre da Fervenza de Ézaro en Dumbría, que, sen aínda ter chegado a xuízo, fixo que en tres semanas estivera abierta ó público a maior atracción turística da Costa da Morte. A Endesa, Fenosa y Iberdrola por incumprimento da lei de pesca fluvial de 1992, con resultas dun prazo de 6 meses para acatar os caudales ecolóxicos (con caso omiso polo momento). Á empresa Tres Mares, por ter cortado totalmente o río Castro usando todo o caudal para a piscifactoría, entubando dous regatos máis directamente á piscifactoría, durante 30 anos. Ó Concello de A Coruña e a Aguas de La Coruña pola construcción da Presa de Cecebre sen escala de salmónidos, etc.
As accións, razoadas, están logrando novas zonas de pesca sen morte, mellorando os ríos nos tramos próximos.
Ademais, Ríos con Vida está colaborando no plan Life de recuperación do mexilón de río Margeritifus e a recuperación do topillo de rio na cunca do Ulla.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



