O venres 29 de abril ás 20.30 horas terá lugar na Casa das Letras de Ribadeo a presentación da primeira novela da escritora coruñesa Marga Rosende, “Las huellas de la memoria”; publicado por Espacio Cultura Editores. Marga Rosende Rego naceu en 1968, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e exerce coma abogada. Apaixoada da historia, da literatutra e o deporte, e autora de varios relatos curtos que foron publicados en medios periodísticos e páxinas web; finalista en 2012 do concurso “Los relatos del verano” do diario Noticias de Gipúzkoa e gañadora no 2014 do Premio do xurado Genagen de relato curto sobre enfermedades raras.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



