O Concello de Lourenzá busca ao propietario dunha cadela de caza que apareceu abandonada en Canedo, na parroquia de Santo Tomé. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que o animal “está coidado e buscamos ao dono por se a cadela se extraviou. En caso de que non apareza o propietario esperamos que haxa algunha persoa que queira adoptala”.
