Foz, 11 de maio de 2015.- Desde o PSdeG-PSOE de Foz manifestan que cando as obras con diñeiro público e que tamén axudan a pagalas os mais necesitados sufrindo os recortes sociais, cando menos, deberan facerse con un mínimo de decencia e responsabilidade.
Din isto porque ultimamente están vendo a improvisación, a falta de planificación e o derroche continuo nas obras electorais que están a facer os diferentes gobernos do Partido Popular.
Enténdase por improvisación rematar as obras a última hora de presa e correndo porque veñen as eleccións, enténdase tamén por falta de planificación dos traballos a chapuza dos carteis de sinalización que están a poñer na chamada Ruta do Mar, sinalando na zoa de Tupide que Fazouro está a 250 metros, algo verdadeiramente insólito e digno de un dobre derroche porque gastouse en poñelo, gastase en sacalo e tiralo o lixo, gastarase tamén en comprar outro e o final gastase en volver a poñelo correctamente.
Mentres isto sucede o Partido Popular de Foz co seu Alcalde en funcións a cabeza cala a boquiña, mira para outro lado e fai obras imitando os seus xefes de filas para enganar a última hora os electores e repañar un puñadiño de votos.
Os socialistas de Foz lamentan esta falta de seriedade dos nosos gobernantes actuais ante os veciños e entenden que menos mal que presumen de entender de proxectos técnicos, que teñen enxeñeiros facendo estudos porque de medir distancias e de gobernar seriamente xa vemos que entenden moi pouquiño.