Lugo, 22 de xuño de 2015.- O patrón da Fundación TIC e Deputado en funcións de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, clausurou este luns o curso 2014-2015 da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS), o único centro público na provincia que imparte ensino superior da rama audiovisual. Os alumnos de primeiro de Produción foron os encargados da organización do acto, no que tamén participou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os de Realización da súa emisión en directo por streaming, como unha das súas prácticas nun escenario real, un dos sinais de identidade do modelo educativo da EIS de Lugo.
Na súa intervención, Santos destacou “os oito anos de José Ramón Gómez Besteiro ao fronte da TIC, cheos de ilusión e de traballo, e coa satisfacción do labor desenvolvido. A aposta polo ensino público de calidade e o labor social converteron á Fundación TIC nunha entidade útil para a sociedade lucense”.
Balance moi positivo
No balance destes oito anos, a patrón da TIC dixo sentirse “especialmente orgulloso de que unha das primeiras decisións cando nos puxemos ao fronte da Deputación fora establecer a matrícula gratuíta na Escola de Imaxe e Son. Nós cremos nun ensino público de calidade e defendemos a igualdade de oportunidades como un dereito básico dos cidadáns. Isto implica ter moi claras cales son as prioridades á hora de investir. E nós témolas”. Neste senso, tamén destacou o esforzo realizado na mellora de medios, así como no programa de bolsas para que os titulados da Escola dean os seus primeiros pasos profesionais no mundo laboral.
Lara Méndez destacou “sentirse orgullosa e partícipe do labor desenvolvido dende a Deputación coa Escola de Imaxe e Son neste últimos anos”. Méndez subliñou a aposta do Concello pola educación pública de calidade, recalcando que “a educación é o progreso e a garantía de igualdade de oportunidades reais”.
Aberta á sociedade
O responsable provincial afirmou que nestes anos “abrimos as portas da TIC á sociedade. Por unha banda, amosando o traballo que realizamos grazas, por exemplo, ás prácticas en escenarios reais e, por outra, cunha maior implicación cos lucenses a través da colaboración con ONGs e asociacións sen ánimo de lucro”. Tamén subliñou a cooperación cos Concellos coa difusión de actividades gastronómicas, culturais, etnográficas e deportivas que contribúen á promoción da provincia a nivel turístico, económico e ao asentamento de poboación no rural, así como o impulso dado á Lugo Film Commission para traer rodaxes de producións audiovisuais á provincia.
O labor da TIC continúa
Santos dixo que “o curso remata, pero o labor da TIC continúa. No caso concreto da EIS, a TIC traballará por unha maior especialización que converta esta Escola nun referente do ensino audiovisual en Galicia. Estes anos traballamos, e seguiremos facéndoo para que sexades os mellores alumnos e os mellores profesionais”.
A matrícula para o curso 2015- 2016 será gratuíta por oitavo ano consecutivo. O prazo de preinscrición remata o 25 de xuño. A lista definitiva de admitidos publicarase o 3 de xullo e o prazo de matriculación será do 6 ao 17 do vindeiro mes, na sede do centro educativo en horario de mañá. Os interesados teñen toda a información en www.fundaciontic.org











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



