Ribadeo, 12 de xuño de 2015.- O vindeiro martes, 16 de xuño, ás 20:30 horas haberá unha xuntanza no Teatro, convocada polo alcalde, Fernando Suárez, e o equipo de goberno, para analizar o plan de conservación das Catedrais, que este xoves aprobou a Xunta.
O encontro está aberto a todas asociacións de Ribadeo, aos comerciantes e empresarios da localidade, así coma a aqueles veciños e veciñas que estean interesados pola implantación dese plan e pola repercusión que pode ter en Ribadeo, no seu turismo, na conservación medio ambiental e na súa economía.