A actividade coa que este domingo se pechou o taller de armonización corporal organizado polo CIM do Concello de Ribadeo contou cunha grande participación. Nun ambiente familiar desenvolveuse esta cita ao aire libre, nas inmediacións de O Cargadoiro. Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Igualdade, transmite o seu agradecemento a todos os asistentes e lembralles que “dende esta Concellaría teñense previsto facer próximos talleres desta actividade que se publicitaran coa debida anticipación para que as mulleres poidan inscribirse”.
