Ribadeo, 16 de xullo de 2025. Ribadeo ocupará o 29 de xullo os terreos nos que se construirá o novo centro de saúde. Este foi un dos asuntos abordados no pleno celebrado onte no que foron aprobados os festivos locais de 2026: día da patroa e martes de Entroido, e tamén o irmandamento coa localidade uruguaia de Tala.
O alcalde, Dani Vega, contou que “na pasada tarde-noite, houbo pleno municipal onde abordamos varios asuntos na orde do día, 16 concretamente. O primeiro deles foi a expropiación dos terreos do Centro de Saúde, a resolución do recurso de reposición. Aquí o que poñemos fin é a toda a tramitación de expropiación. O 29 deste mes ocuparemos os terreos e na segunda quincena de setembro, a través do convenio de cesión, entregamos os terreos á Consellería de Sanidade. Pasos seguintes: redacción do proxecto e construción do centro de saúde”.
Outros dos asuntos abordados na sesión plenaria foron “a expropiación forzosa tamén da antiga Casa Maseda, que vai por tramitación ordinaria, leva un pouquiño máis de tempo, pero estamos xa rematando toda esa fase de tramitación, de expropiación. É verdade que é unha tramitación farragosa, complexa, pero tamén hai que dicir que é moi garantista e iso cabe destacalo e é importante que sexa garantista tamén pro propietario”.
O rexedor seguiu a relatar: “tamén ao alumeado público do rural, facturas retrasadas do ano 22 das que tivemos que facernos cargo, aprobación de facturas de contrato de fotocopiadora, o suplemento de crédito financiado con baixas. Aquí o que estamos é movendo crédito porque están chegando subvencións que están sendo aprobadas e temos que aportar, digamos, unha partida do Concello para xa ter ese convenio ou esa subvención a través da Xunta de Galicia. A liquidación dos gastos da residencia, Deputación Concello, que nos debían unha cantidade orzamentaria e tamén o trouxemos a pleno. Toda a partida presupostaria do xantar na casa, o plan económico financieiro, subvencións previstas para o orzamento do 25, os festivos locais de 2026: a patroa e martes de Entroido, modificacións orzamentarias, mover partidas presupostarias para, por exemplo, as subvencións que solicitamos para o pavillón, campo de fútbol, rúas, todo estas subvencións que están chegando agora, subvencións aprobadas, temos que aportarlles unha cantidade económica”.
Vega subliñou que “por unanimidade foi aprobado o irmandamento con Tala. Aquí había unha proposta de moitos colectivos e o que queremos é irmandarnos con Tala. Está en Uruguai, no departamento de Canalones, e o obxectivo é irmandarse para seguir recordando a figura do Viejo Pancho. Creo que é unha decisión moi acertada. Hai que agradecerlle a moitas persoas e a moitos colectivos que se preocuparan para que o Concello levara unha moción, unha moción de todos, co obxectivo de recordar sempre a figura do Viejo Pancho e seguir con esa impronta de reivindicación tamén de toda unha cultura que desenrolou o Viejo Pancho de defensa do idioma gauchesco no que el escribiu continuamente. Creo que é un acerto completo que Ribadeo se irmande con Tala. É o segundo pobo co que nos vamos irmandar, estamos irmandados on Loctudi e agora será con Tala”.
E engadiu: “hai que destacar o entendemento no pleno municipal, apoiaron practicamente os grupos de oposición todas as propostas e vamos seguir traballando co obxectivo claro que é que Ribadeo avance”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



