Burela, 16 de xullo de 2025. A CIG-Saúde da Mariña vén de presentar unha denuncia perante a Inspección de Traballo de Lugo por unha posible infracción en materia de seguridade e saúde, e en cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais, polas altas temperaturas no Servizo de Cociña do Hospital da Mariña, e unha segunda denuncia pola demora na entrega dunha padiola regulable para unha traballadora do Centro de Saúde de San Cibrao
ALTAS TEMPERATURAS E HUMIDADE NO SERVIZO DE COCIÑA DO HOSPITAL DA MARIÑA
O sindicato denuncia que o Servizo de Cociña está a rexistrar principalmente na época estival unha temperatura media de entre 29 e 31 graos centígrados, “o que incumpre a normativa legal vixente sobre as máximas autorizadas non só nun centro asistencial senón en calquera lugar de traballo”.
Segundo expón a central, a excesiva calor, que supera o máximo estimado para o risco de tensión térmica (a partir de 27º C), está a afectar a traballadoras e traballadores. O sindicato sostén que existe un risco potencial de desmaio por estas altas temperaturas.
A Dirección do Hospital da Mariña é coñecedora polas canles oficiais e legais con escrito con data 8 de xullo de 2025 e número de rexistro 1.297 sen obter resposta”.
DOUS ANOS AGARDANDO POR UNHA PADIOLA REGULABLE EN ALTURA, DESPOIS DUN INFORME DE SAÚDE LABORAL
Dende CIG Saúde A Mariña denuncian que unha traballadora do Centro de Saúde de San Cibrao leva case dous anos agardando por unha padiola regulable en altura, despois dun informe de Saúde Laboral que recomendaba o seu uso.
Ata o momento, a profesional non recibiu o equipo, situación que, segundo a central sindical, está a poñer en risco a súa saúde.
A central sindical levou esta cuestión ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral en varias ocasións, sen que a Xerencia da Área Sanitaria dera unha resposta positiva.
A pesar de que en meses recentes se entregaron padiolas regulables en diferentes centros, a Xerencia non priorizou o seu achegamento ás traballadoras con informes médicos que o requiren, o que evidencia unha mala planificación por parte do ente sanitario
CIG Saúde A Mariña sinala que unha parte considerable dos accidentes laborais con baixa médica entre o persoal sanitario están vinculados a sobreesforzos físicos, principalmente lesións dorso-lumbares e trastornos músculo-esqueléticos. Estas lesións relacionan a utilización de equipos pouco ergonómicos, como as padiolas non regulables en altura, que dificultan a mobilización e atención correcta dos pacientes. Pola contra, as padiolas regulables son fundamentais para mellorar as posturas laborais e minimizar o risco de lesións.
Desde a central advertiron que a Xerencia está a incumprir a Lei de Prevención de Riscos Laborais e a ignorar os informes de Saúde Laboral, situación que pon en perigo a integridade da traballadora afectada.
Ante a ausencia de respostas, argumenta a CIG, o sindicato decidiu, como último recurso, presentar estas dúas denuncia na Inspección para que proceda a realizar os requirimentos por incumprimento da normativa e á adopción das medidas legais oportunas.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



