A Librería Bahía celebra a chegada do verán o sábado 20 de xuño ás 12.00 horas cunha actividade para pícaros e pícaras de todas as idades. Contaremos o conto ‘A SEREA E OS XIGANTES’ dun libro con coloristas ilustracións cheas de vida. “Queremos que a actividade sirva para que os pícaros disfruten e valoren estas ilustracións, ademais do texto, e contribuir así a formar a súa sensibilidade estética”. Ademais a educadora e artesá Elena Aragón, guiará ós e ás participantes na elaboración de elementos relacionados co verán que logo servirán para montar o escaparate da librería onde os pícaros verán exposta a súa obra.
Recepción do verán na Librería Bahía
Recepción do verán na Librería Bahía
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional