Foz, 5 de xuño de 2015. As obras de mellora da rúa de acceso á fonte de Sieiro, no barrio focense de Marzán, remataron e o viario quedou aberto ao tráfico.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, despois de visitar a zona e reunirse cos veciños, comentou que “quedou aberta a rúa de acceso á fonte de Sieiro, en Marzán, unha mellora que se comezou hai arredor de un mes. As obras consistiron na reposición do firme, que era bastante malo, e agora fíxose co mesmo que ten a rúa que continúa, que é a das Catro Calles, de Marzán, que é unha zona tamén moi transitada. Fíxose con formigón impreso, imitación a adoquín”.
O rexedor municipal engadiu que “son cerca de 400 metros de vía, que quedaron moi ben. Estivemos cos representantes da asociación de veciños de Marzán e con outros usuarios da vía, que quedaron moi contentos do resultado da obra nesa vía. Polo tanto foi un bo investimento, que superou os 30.000 euros. Era moi necesario para una zona residencial, como é Marzán, un dos barrios importantes do núcleo urbano de Foz. O estado no que queda é moi bo e esperamos seguir avanzando noutras obras tamén necesarias para o concello”.