Barreiros, 18 de xuño de 2015.- O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acolleu o pasado domingo, 14 de xuño, unha representación teatral. Os Sete Magníficos + 1 puxeron en escena Bivalvos coma galegos. Pedro Brandariz e Fran Rei, habituais do programa Luar da TVG, mostraron un espectáculo cómico, retranqueiro e irónico, o sentido do humor dos galegos e a súa posta en práctica en situacións cotiás. O público gozou co seu traballo.
A obra de teatro, enmarcouse no programa Cultura no Camiño 2015. Estivo organizada polo Agadic e a Xunta de Galicia, que contan coa colaboración da Concellería de Cultura barreirense e da Oficina de Información Xuvenil.