Burela, 21 de xullo de 2015.- A ala-pivote internacional Cecilia Puga Tejero defenderá a camisola laranxa en 2015-16. Ceci (Marín, 1987), procedente do Lazio italiano, foi presentada este luns polo CD Burela FS Pescados Rubén na entidade da estrutura mariñá, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez.
“Cando recibín a chamada de Burela, tiña claro que era o equipo no que quería xogar a próxima tempada. A miña intención era regresar a España, a un club preto da casa. Burela é un dos mellores clubs de España, cun gran palmarés, sempre competitivo e opcións a títulos, un equipo para xogadoras con ambición. En canto a organización e base é unha entidade ben estruturada que ademais aposta firmemente polo fútbol sala feminino”, explicou a pontevedresa que regresa ao fútbol sala español despois dun ano en Italia “como boa experiencia con cousas positivas”, tras ascender a Primeira co Poio FSF e converterse no seu gran baluarte ofensivo.
A ala-pivote zurda, que debutou en Honra con tan só 14 anos nas filas do Ponte Ourense, recala na Mariña “con confianza” e para “axudar con traballo cara ao equipo e dar o mellor de min para que o grupo se vexa beneficiado”. “Espero ofrecer a miña mellor versión, facer un gran ano con Burela e conseguir os máximos logros posibles”, confesaba a pontevedresa con humildade agardando que “a miña sorte cara o gol tamén poida axudar”.
Ceci súmase ao proxecto laranxa 2015-16, xunto ás renovacións xa formalizadas de Peque, Lara e Bea Mateos. Dende o club presidente e vicepresidente destacaron a chegada da pontevedresa como “un gran reforzo moi enriquecedor ofensivamente”. “Somos un bloque que conseguiu asentarse na elite do fútbol sala español e cada ano loita por todo tendo como acicate o traballo e o esforzo; Ceci adaptarase aquí á perfección” .





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
