Burela, 1 de xullo de 2015.- As praias de Portelo, Ril e A Marosa locen xa as bandeiras azuis concedidas por Adeac. Este mércores ó mediodía tivo lugar o izado deses distintivos, que no caso do barco museo Reina del Carmen e da Aula Medio Ambiental Gaia realizarase dentro duns días.
O alcalde, Alfredo Llano, dixo que este mércores en Burela “izamos as bandeiras azuis dado que comeza a tempada de verán con todas as garantías nas praias do Portelo, Ril e na Marosa. É un acto que creo que é importante para Burela dado que ven a distinguir as tres praias que temos con maior afluencia de xente. Isto quere dicir dalgún xeito que se están facendo as cousas ben no aspecto medioambiental”.
Os areais de Burela contan desde este mércores con servizo de socorrismo: “a partir de hoxe tamén”, dixo o alcalde referíndose a este mércores, “dado que temos o izado das bandeiras, poñemos en marcha o servizo de socorristas para estas tres praias, que tamén van ter outros servizos bastante bos”.
O rexedor dixo que “este ano foi imposible, pero a partir do ano que vén posiblemente apliquemos a normativa europea 14.001 para os areais, que ven a superar un pouquiño ao que son as bandeiras azuis porque supón unhas obrigas, ter uns servizos e unhas garantías, que penso que van ser decisorias para que a xente veña pasar o verán a Burela”.
Alfredo Llano subliñou que “en Burela temos 6 bandeiras azuis concedidas: tres para as praias pero hai tamén outras tantas, que son para min moi importantes; unha é a de Gaia, que ven indicar que este servizo que ofrece o Concello está sendo estimado, tendo unha boa acollida e dende logo desenvolve unhas accións moi acordes co que debe ser o medio ambiente ben levado. Tamén temos o barco museo, que representa o que é a historia de Burela en canto á pesca do bonito. Evidentemente é un recoñecemento non soamente á nosa forma de facer as cousas senón a toda a historia mariñeira de Burela. A pesca do bonito é unha tradición no noso concello e ademais faise dunha maneira moi artesanal, que case non se ve noutros lugares do mundo e que é moi respectuosa co medio ambiente, que é algo de estimar. Por esa razón penso que nos conceden a bandeira azul do barco museo. E tamén recibimos outra destas distincións para o paseo da Marosa”.
O alcalde concluíu: “así que xa temos todo en marcha: as praias arranxadas, as bandeiras izadas e os socorristas dispostos”.
No izado deste mércores participaron tamén os concelleiros: Ramiro Fernández, Patricia Otero e Noelia Mª Ben, así coma representantes dos partidos da oposición “aos que invitamos a asistir, cousa que antes non se facía. Gustoume moito que estivesen aí”, engadiu Alfredo Llano.
O izado da bandeira azul no barco museo Reina del Carmen terá lugar coincidindo coa celebración da festa do bonito.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



