Burela, 20 de xullo de 2015. A Concellaría de Cultura celebrará o 16 de agosto na praza da Mariña o I Rastrillo Popular ao que están invitados todos os particulares que queiran desfacerse de obxectos que xa non usan.
Segundo explicou José Díaz é a primeira vez que se organiza unha iniciativa deste tipo por parte de Concello, que pretende avaliar o seu funcionamento con vistas a poder celebrar estes mercados con máis frecuencia. A idea veu de A Coruña: “es un proyecto pionero en A Mariña, que no tenía ninguno, solo algún proyecto de rastrillos solidarios organizados por asociaciones, aquí en Burela mismo. Esto lo vi en A Coruña, en un barrio en el que estaba anunciado un rastrillo popular. Los vecinos llevaban cosas que tenían en casa y que no usaban. Todos tenemos y acumulamos un montón de cosas con las que no sabemos qué hacer. Los vecinos tenían sus mesitas con vinilos, libros, cascos de bici, a precios bastante económicos. Había mucha gente tanto comprando como vendiendo”, lembra o edil socialista.
A idea de celebrar o I Rastrillo Popular foi levada á xunta de goberno e aprobada. Os interesados en vender os seus obxectos poden atopar máis información na páxina web do Concello de Burela ou na Casa da Xuventude, así como na oficina electrónica, na que estarán colgadas para a súa descarga as follas de inscripción. Díaz indicou que “la idea es que la gente saque las cosas del trastero, se inscriba y se comprometa a hacer las cosas bien y cumplir las normativa, a la que se puede acceder desde la página web del Concello, del Facebook o en la sede electrónica. De esta manera pueden sacarse un dinerillo para usar como quieran: se puede donar o se pueden quedar con él los vendedores”.
As normas son sinxelas, pero fixan as cantidades máximas ás que vender e os produtos que non poden levarse ao rastrillo: “va a haber un mínimo de 15 puestos y un máximo de 40. Los precios van a ser de un tope de 500 euros. No hay que llevarse tampoco la alfombra persa, que sería peligroso. Se podrán vender cosas entre 1 y 500 euros, nada de vender productos químicos, animales o armas, evidentemente”, sinala o edil de Cultura, que engade que “lo ponemos en domingo porque es un día típico de rastros. En Asturias hay un rastro muy importante, en Gijón, y también el Rastro de Madrid. Si funciona y la cosa va bien seguiremos adelante. En la Casa da Xuventude los informarán de todo, la inscripción es gratuita y se da un espacio de 3×2 metros a los vendedores para que puedan manejarse ahí. La inscripción termina el 10 de agosto y al día siguiente notificamos a todos los aceptados para que vayan preparando sus cosas”.






















Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.



