O voceiro provincial socialista, Darío Campos Conde, subliñou este martes que “a reunión de Feijóo e Candia foi unha auténtica tomadura de pelo cara os lucenses. Non abordaron ningunha das preocupacións dos veciños da nosa provincia. Candia non falou sobre Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear; sobre as prazas nas residencias públicas da Deputación que a Xunta si concede a entidades privadas; sobre os cartos que o Goberno galego adebeda aos lucenses en materia de servizos sociais e políticas activas de emprego; sobre o 1º centro de recría de gando vacún público en España ou sobre as 49 peticións dos cidadáns ao Executivo autonómico nos Presupostos Participativos”.
“Candia calou e voltou coas mans baleiras. Non exerceu de Presidenta da Deputación de Lugo, posto que non defendeu os intereses dos veciños desta provincia, senón que exerceu de Delegada da Xunta, competindo coa desaparecida Raquel Arias, ao permanecer calada sobre as preocupacións dos lucenses e sobre os proxectos do organismo provincial”, salientou Campos Conde.
“Agora entendemos porque Feijóo non quixo reunirse con Besteiro durante 8 anos. Non o fixo porque non ten nada que ofrecer aos lucenses, non ten proxecto algún para Lugo” remarcou.
“Que lealdade?”
O voceiro engadiu que “din que falaron de lealdade institucional. A que lealdade se refiren? A lealdade institucional de Feijóo, que durante 8 anos non respondeu ás reiteradas peticións de Besteiro para para abordar conxuntamente os verdadeiros problemas dos lucenses e darlles solución?. Ou a lealdade institucional de Elena Candia, que paralizou obras que o Goberno progresista da Deputación deixou en fase de contratación para mellorar os accesos viarios provinciais a praias de Concellos da Mariña de todas as cores políticas?”
10 cartas e reclamacións
Gómez Besteiro enviou a Núñez Feijóo ata 10 cartas, solicitándolle un encontro, onde e cando quixera, no que abordar as principais preocupacións dos lucenses. Feijóo nunca respondeu, vetando esta reunión con Besteiro. “É unha vergoña que, durante 8 anos, Feijóo non quixera falar con Besteiro sobre as preocupacións dos lucenses, discriminando, claramente, aos veciños desta provincia só por intereses partidistas, posto que agora si recibe a Candia”, salientou Campos Conde.
As reclamacións que o Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo trasladou a Feijóo durante este tempo foron, entre outras, as seguintes:
1.- Dotación inmediata no Hula dos servizos públicos de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear. Lugo segue a ser a única provincia galega sen estas prestacións. “Candia non preguntou a Feijóo sobre a proposta que lle fixo o Goberno progresista de Gómez Besteiro de financiar dende a Deputación de Lugo a posta en marcha de Hemodinámica 24 horas no Hula, e o Presidente da Xunta nunca respondeu a esta iniciativa do PSOE”, remarcou o voceiro socialista.
2.- Sinatura dos convenios de colaboración entre a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia para cofinanciar os servizos sociais e políticas activas de emprego na provincia. Son os convenios que Feijóo asinou coas restantes Deputacións galegas, achegando máis de 25 millóns de euros ás provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense, e que vetou á de Lugo.
3.- Concertar prazas públicas nas residencias públicas da Deputación de Lugo, que a Xunta leva ano negando mentres si llas concede a centros de iniciativa privada. Dende 1977, a Xunta de Galicia con concerta prazas en residencias públicas da Comarca de Lugo.
4.- Dar resposta ás 49 peticións que os veciños fixeron á Xunta durante a elaboración dos Presupostos Participativos, e que o Goberno progresista de Gómez Besteiro lle trasladou a Feijóo. Estas son, entre outras, e a maiores dos servizos para o Hula, as seguintes: residencias públicas da terceira idade na Comarca de Lugo, en Becerreá e en Mondoñedo; un plan urxente para poñer en valor o antigo Hospital Xeral; plans de impulso do Camiño de Santiago e declaración oficial do Camiño de Inverno e da Costa; impulso do Plan Paradai; posta en marcha das actuacións da Rolda Leste; remate dos Corredores da Costa e de Monforte; medidas en impulso do sector primario e do rural; ou posta en valor do sector forestal…




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



