Foz, 30 de xullo de 2015.- Este mércores, 29 de xullo ven de celebrarse o pleno ordinario da Corporación municipal de Foz.
Un pleno con 14 puntos na orde do día, dos cales queremos salientar os seguintes:
Punto 5: “Cesión para uso privativo de parcela pública sita no dominio público portuario autonómico de Foz, para destinala a actividades náutico deportivo”.
– Neste punto entendemos que chega tarde para ser debatido polo pleno municipal. Sabemos que estamos a falar das naves que están usando o club Kayak. Nunha reunión que Foz, Plataforma de Futuro tivemos no mes de febreiro coa directiva do club, xa nos expuxeron este problema encima da mesa. Tiñan unha subvención da Deputación Provincial para realizar unha obras de melloras das instalacións. Para levalas a cabo necesitan a cesión da parcela mencionada. Entendemos que o retraso ven dado por un interese partidistado PP de Foz, para non ceder a parcela en plena campaña electoral e dar promoción a unha inversión da deputación, gobernada naquel momento polo PSOE e BNG. Demostra, unha vez mais, que priman os intereses dos partidos políticos por enriba dos intereses dos veciños.
– Foz, Plataforma de Futuro vota a favor da cesión dos terreos e esta é aprobada por unanimidade.
Punto 7: “Aprobación de facturas. Recoñecemento extraxudicial de crédito”.
– Vemos que as facturas que nos trae o pleno hai dous tipos, unhas con reparos e outras sen reparos. Foz; Plataforma de Futuro non está de acordo coa maneira de proceder do goberno municipal do PP presentando, as primeiras de cambio, facturas con reparos de intervención para que sexan pagadas.
– Foz, Plataforma de Futuro, por responsabilidade política, e para que as empresas poidan cobrar polos seus traballos levados a cabo, abstémonos nesta votación.
Punto 8: “Delegación de facultades en materia de xestión, liquidación, recadación e inspección tributaria na Deputación Provincial de Lugo do IBI, IAE e IVTM, tanto en período voluntario como en vía executiva”.
– Esta moción xa veu a pleno en Novembro de 2014. Foz, Plataforma de Futuro ve nesta proposta algunha deficiencia e entendemos que debería haber un informe económico de intervención no que se nos diga o que se podería recadar, mais ou menos, por vía executiva, en relación co que se recada noutros concellos que a Deputación estea exercendo esta función. Así mesmo vemos que hai noticias nas que certos grupos políticos con representación na deputación, reclaman un coste 0 para prestar o servicio os Concellos. A deputación provincial cobraría o concello un 3% do recadado no período voluntario e o 75% da recarga en período executivo procedente, e dos xuros recadados neste período.
– Foz, Plataforma de Futuro non quere votar en contra desta proposta, pero entendemos que debemos ter mais información, polo tanto propoñemos que esta proposta quede enriba da mesa para tratar noutro pleno.
Punto 9: “Convenio entre o Concello de Foz e SOGAMA para a xestión dos residuos domésticos”.
– Esta proposta foi presentada a pleno en febreiro do 2015 e non foi aprobada. Entendemos que presentándoa de novo, exactamente igual, ante unha corporación maioritariamente nova, quere “colárnola” para que sexa aprobada. Neste contrato comprobamos que se reflexa o prezo que cobra SOGAMA por tonelada de lixo recollido pero non sabemos o que vai repercutir no recibo dos veciños. Pedimos un compromiso de que dito coste non vai repercutir nos veciños. Do mesmo xeito vemos que o contrato non ten data límite de remate, polo que se entende que aprobaríamos un servizo, dado a un monopolio, sen remate.
– Foz, Plataforma de Futuro solicita un informe de intervención onde se reflexe canto vai repercutir este servizo nos recibos dos veciños, polo tanto propoñemos que quede enriba da mesa e que se aporten mais documentación. Dita proposta foi rexeitada cos votos en contra do PP e do BNG.
– Polo tanto a proposta do convenio con SOGAMA foi aprobada cos votos a favor do PP e do BNG.
De seguido preséntanse tres mocións do PSG-PSOE:
“Modificación do plan de tráfico na área da praza Conde de Fontao”.
“Cambio de ubicación do salón de plenos municipal” para ter un mellor acceso para as persoas con mobilidade reducida.
“Sinalización do cruce de saída e acceso dende a estrada que baixa de Forxán a estrada da costa”
Foz, Plataforma de Futuro vota a favor das tres propostas.
Logo preséntanse dúas mocións do BNG:
“Ampliación do horario do servizo de socorristas nas praias de Foz”
“Defensa do sector lácteo”
Foz; plataforma de Futuro vota a favor das dúas propostas.
No apartado de rogos e preguntas Foz, Plataforma de Futuro fai os seguintes:
Rogos:
– Pedimos o alcalde e o seu equipo de goberno, que dunha vez por todas, se faga un pasamáns para as escaleiras do palco do concello de Foz. Somos coñecedores de que xa se pediu mais veces este rogo e por iso insistimos na necesidade, por seguridade de tódolos usuarios de dito palco.
– Rogamos o alcalde e o seu equipo de goberno que se fagan as actuacións necesarias para axeitar, hixienizar e acondicionar a antiga escola de A Hermida e que os veciños dispoñan dunha chave para facer o uso desas instalacións.
– Rogamos o alcalde e o seu equipo de goberno que axilice, o máximo, a construción dunhas novas instalacións para a Asociación protectora de animais de foz, xa que as que teñen no porto están en moi mal estado de conservación e hixiénico e saturadas.
Preguntas:
– ¿En que punto se atopa o tema da reparación da estrada da costa N-642? Recordámoslle o alcalde de Foz que el mesmo dixo que esa obra ía estar rematada antes do verán.
– ¿Cando vai comezar a deputación provincial a reparación da estrada LU P 2007 (Arealonga-Cordido)? Lembrámoslle que vostede votou a favor desta moción.
– ¿Por qué a policía local non actúa con mais ímpeto contra os coches, furgóns, camións que nos atopamos no centro de Foz montados nas beirarrúas ou mal estacionados e que impiden a normal circulación e acceso dos viandantes?



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



