Burela, a 31 de xullo de 2015.- Este xoves celebrouse o primeiro pleno ordinario do presente mandato municipal. Unha sesión na que sairon adiante cos votos de PSOE e PP tres asuntos que viñan do goberno do PP: a delegación da recaudación de IBI, imposto de vehículos e IAE na Diputación, tanto a recaudación ordinaria coma a executiva; a bonificación do Imposto de Construccións para a ampliación do IES “Perdouro”, e a concertación dun crédito para cancelar á súa vez o préstamos para facer fronte ó pago anticipado a proveedores.
Nesta sesión, o Grupo Municipal Popular (GMP) interesouse polos prazos fixados pola alcaldía para rescindir a concesión dos servicios de auga e de recollida de lixo. Desde o GMP entendemos que “as promesas electorales, cando se fan, hai que telas mui ben calibradas e mui pensadas. Pero semella que nada de esto lle pasou no seu día pola cabeza ó alcalde, porque ontes, mes e medio despóis de ter tomado posesión, non foi capaz de decirnos nada do que poida ter previsto, e este consideramos que é un asunto que lles pode interesar ós cidadáns, porque formaba parte do programa electoral do PSOE”.
“Por eso entendemos que non se pode ser tan frívolos como foi onte o alcalde falando continuamente de vaguedades; desde o noso grupo esixímoslle ó alcalde que canto antes marque prazos para a rescisión das concesións, se é que o vai facer, e que os faiga públicos, para que a cidadanía teña toda a información”, indican desde o GMP.
Por outra banda, o GMP considera “absolutamente decepcionante o pleno ordinario de onte. O PSOE só foi capaz a presentar dúas iniciativas, ningunha delas vencellada con asuntos de interese para os veciños: unha, o dos bautismos civís, que contou coa nosa abstención porque non hai ningunha norma que os regule e polo tanto, segundo informes obrantes no expediente, o concello non tería competencias”.
“En relación coa moción sobre os animáis nos circos, indican desde o GMP, resulta impresentable que o goberno municipal presente unha moción para instarse a sí mismo, sobre de todo cando as mocións non son vinculantes, polo que, a pesares de que a moción foi aprobada, coa nosa abstención, calquera circo poderá instalarse con animáis salvaxes en cautividade. Porque o que tén que facer o goberno, se quere realmente que erradicar a presencia de animáis nos circos, tén que modificar a ordenanza sobre medio ambiente, ou redactar outra a tal efecto. En tanto en canto esto non se faiga, a moción aprobada ontes non vale para nada”.
Finalmente, desde o GMP opinan que “o goberno socialista comenza mal, xa que no primeiro pleno debería levar tres ou catro iniciativas de impulso a outros tantos asuntos que eles consideren relevantes vencellados co seu programa electoral, pero nada de esto pasou. Mesmo votaron en contra dunha moción do Bloque, que contou co noso apoio, fixando compromisos para racionalizar o uso da Praza de Abastos e levar a cabo obras no seu interior”.
“Un pleno perdido, que demostra o que xa sabíamos, as vaguedades dialécticas do alcalde que nunca se compromete a nada e nunca tén a culpa do que pasas, e o pouco traballo que lle adica este señor ós asuntos que realmente lles afectan ós cidadáns”, conclúen desde o GMP.





















Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.



