O Torneo de Fútbol Sala Basee Memorial Rodrigo Maseda Lozano mantén a súa progresión ascendente e na edición de 2015 incrementou o seu impacto económico na Mariña. A cita organizada pola Fundación Imdecum xerou un retorno para a comarca de 180.000 euros, referencia económica que, unida ao gran nivel deportivo mostrado polos equipos, converte a edición de 2015 na mellor desde a súa estreo, en 2012, social, deportiva, organizativa, turística e economicamente.
O legado de Rodrigo Maseda Lozano, veciño de Burela e un dos heroes que entregaron a súa vida na traxedia do Orzán, se expande cada vez máis pola Mariña, Galicia e o resto de España. Na cuarta edición, ampliou a súa presenza na Mariña, con sedes en Foz, Burela, Cervo, Xove, ás que se incorporou Viveiro, localidade na que Rodrigo Maseda exerceu a súa profesión como policía nacional.
Ademais de varios clubs lucenses, tamén creceu en Galicia, coa participación de equipos da Coruña, Ourense e Pontevedra. E polo resto de España porque ás comunidades de Asturias, Madrid e Castela e León sumouse Castela A Mancha. Ademais, nesta edición incorporouse a categoría prebenxamín, deleitando co seu xogo e ilusión aos numerosos espectadores que seguiron un evento que se está consolidando como unha referencia nacional.
Impacto económico na Mariña
Entendendo o impacto económico como xerador de riqueza aportada por axentes externos á localización do evento, é dicir; participantes, afeccionados, familiares e amigos que acoden a unha determinada localidade ou comarca exclusivamente por mor da celebración do evento deportivo no que van participar os seus equipos, familiares,… e excluíndo da ecuación aos participantes locais. Seguindo este criterio, o crecemento do impacto económico do Memorial Rodrigo Maseda Lozano na Mariña é unha realidade contrastada e avalada pola cifras. Na edición 2015 o Memorial creceu ata os 180.000 euros, 74.000 euros máis que na anterior.
Durante os días 2, 3, 4 e 5 de xullo, o Memorial Rodrigo Maseda Lozano congregou a case 600 deportistas dos que un 60% acudiu desde fóra da Mariña. O torneo contou coa participación de 16 clubs, 8 procedentes de Celanova, Betanzos, Fene, Vigo, Valladolid, Boadilla, Brihuega e Siero. Entre todos, sumaron 52 equipos, que protagonizaron máis de 100 partidos de Fútbol Sala.
En consecuencia, o Memorial Rodrigo Maseda Lozano consolídase como un dos eventos deportivos estivais que dinamizan a economía mariñá e incrementa a súa influencia como promotor turístico da Mariña. Desde as institucións e asociacións de hostalería e comercio mariñanos agradeceron e animado á Fundación Imdecum a seguir apostando e traballando por este evento que recorda a memoria de Rodrigo Maseda Lozano.
*Foto: Marián G. Mesa.
























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
