O vindeiro sábado 11 de xullo a Asociación Pasada das Cabras de Burela realizará a ruta de ACANTILADOS DE LOIBA de 13 quilómetros e dificultade baixa e o desprazamento ata Loiba e a volta será en tren. Os prezos serán de 20 € para os socios e de 25 para os que non o son, inclúe billete de tren, comida e seguro. A saída será ás 07.25 horas da mañá da Estación de Feve (puntuais, o tren non espera) e o regreso ás 17.05 horas. Feve ten as prazas limitadas, asignaranse por orde de inscrición. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves 9 de xullo ás 20.00 horas.
Pasada das Cabras realizará a ruta de Acantilados de Loiba
Pasada das Cabras realizará a ruta de Acantilados de Loiba
Relacionado
-
Obradoiro de tradición oral das mulleres para celebrar o Día das Letras Galegas na UNED de Lugo
-
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas
-
Celebración das letras galegas na libraría Bahia de Foz