Ribadeo, 29 de agosto de 2015. O ciclo Agosto Musical 2015, organizado pola asociación Amadores da Música, remataba o venres co concerto dedicado á musica de cine que ofreceu a Banda Municipal de Ribadeo no Teatro ribadense, que estivo abarrotado de público.
Baixo a dirección de David Ballester Martínez, a Banda ribadense interpretou pezas como Memorias de África, de John Barry; da película Titanic o tema My heart will go on, de James Horner; The Exodus Song, de Ernest Gold; West Side Story, de Leonard Bernstein; Jesus Christ Superstar, de Lloyd Webber; ou Piratas del Caribe, de Klaus Badelt.
Ao mesmo tempo que escoitaba a música o público puido ver nunha pantalla fragmentos das películas das que interpretou parte das súas bandas sonoras a Banda Municipal de Ribadeo.