Cervo, 6 de agosto de 2015.- Adelina Fernandez, Presidenta de Mujeres en Igualdad de Cervo, acompañada de Mary Fraga, Presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, realizou unha exposición de pintura con cadros elaborados por ela mesma, onde se puido valorar o enorme talento desta para con esta arte.
Adelina Fernandez, que recentemente foi elixida para presidir a Asociacion de Mujeres en Igualdad de Cervo (CERMEI), arranca esta asociación dende San Cibrao, lugar onde reside e onde é unha persoa moi coñecida, da man de Mary Fraga, presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, amiga e compañeira de traballo no Hospital da Costa de Burela onde ambas as dúas traballaron.
Adelina Fernandez comeza o seu andaina en Mujeres en Igualdad Cervo, con moitas ganas de traballar en prol da loita contra a violencia de xénero e para que os dereitos de todas as mulleres, sexan respectados e valorados como se merecen.
O primeiro proxecto que esta Asociación pretende poñer en marcha, co que ao igual que xa fan as súas compañeiras de Burela, intentarán cubrir as necesidades nesta cuestión tanto das vítimas de violencia de xénero e as súas persoas a cargo, como de calquera outra persoa que o precise.
A parte máis complicada deste inicio, é para Adelina sen lugar a dúbidas, conseguir un local para poder iniciar a súa actividade, xa que é consciente da gran demanda que hai por parte doutras asociacións que tamén necesitan un local para realizar as súas actividades, pero non por iso Adelina deixa de estar esperanzada en que lles cedan un para poder iniciar este servizo social.
Adiántanos xa a Presidenta de Cermei, que en breve espazo de tempo realizarán unha xornada sobre Prevención de Violencia de Xénero, en colaboración coa Asociación Mujeres en Igualdad de Burela, dende onde están a recibir constantemente axuda e formación, para poder levar a bo porto esta nova asociación. “Sen a axuda de Mary Fraga e do seu estupendo equipo, non seriamos capaces de crear esta asociación e moito menos de implicarnos deste xeito nun dos maiores problemas que sofre a sociedade, como é a Violencia de Genero” apunta Adelina Fernandez.
Adelina Fernandez quere aproveitar para animar outras mulleres a unirse a este proxecto, porque a Violencia de Xénero é cousa de todos!