Do 18 ó 20 de agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela levarase a cabo a III Feira de Stocks organizada pola Asociación de comerciantes do Centro Histórico en colaboración co Concello de Viveiro, que un ano máis pon a disposición da Asociación todos os medios humanos e materiais posibles para que a Feira póidase levar a cabo.
Serán un total de 12 stands dedicados á venda de moda de muller, moda de nenos, agasallos e complementos, zapaterías, deportes, mobles, decoración e artigos do fogar. Unha ampla variedade de sectores e artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán adquirir verdadeiras gangas. O obxectivo principal é dar aos comerciantes a oportunidade de liquidar todo o seu stock e aos clientes unha oportunidade estupenda de adquirir artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
O horario da feira será de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.30 horas. O primeiro día, martes 18, terá lugar a inauguración, á que asistirán a Alcaldesa de Viveiro e a Concelleira de Comercio como representantes do Concello de Viveiro, e os representantes da Asociación de Comerciantes.