Cadernos da viaxe- Semella que gañou moito apoio social a proposta dunha candidatura cidadá e unitaria galega ás vindeiras eleccións xerais. Unha Maré galega, que integre aos partidos, mais dende o predominio cidadán e social, dende esquemas que posibiliten a adscrición persoal de todos os cidadáns. É dicir, ao xeito no que xurdiu e tomou corpo a Marea Atlántica coruñesa.
Esta candidatura cidadá podería integrar todo o espectro político e social agás aos partidos do bipartidismo dinástico que crearon a grave crise institucional que sofrimos e a Ciudadanos (C’s), por desbotar toda colaboración co galeguismo político. Porque excluir uns ou outras do ámbito do acordo limitaría substancialmente as posibilidades de suceso electoral sen gañar nunha meirande forteza ou coherencia internas.
Dous son os problemas fundamentais que penduran sobre esta Maré galega: a falla de flexibilidade de determinados elementos do BNG para integrar persoas e sectores alleos ao ámbito do galeguismo e a decisión de Podemos de se presentar en Galicia só ou en coalición ao xeito de PODEMOS máis X, no canto de diluir as súas siglas na eventual Maré, como de feito están dispostos a facer o resto dos partidos. E os dous problemas son solúbeis, con intelixencia e xenerosidade.
A candidatura galega habería ter o seu centro de decisión en Galicia e os seus órganos e grupo parlamentario ser totalmente independentes de calquera outra estrutura política ou partidaria. Mais habería integrar ás persoas alleas ao galeguismo político que asuman Galicia como referente de decisión. Canto á integración de Podemos precisa dunha reflexión dende este partido, no que xogarían un papel fulcral os cadros galegos que viviron o éxito da Marea Atlántica ou de Compostela Aberta e coñecen os riscos da desunión e, pola contra, o agasallo que sempre obtén a unidade en política.
Mais para que os partidos poidan adoptar as súas decisións, de xeito que uns e outras collan na futura Maré, compre tamén dotar ésta dun “corpus” doutrinal e programático(a plataforma Somos Nós ven de presentar unha primeira achega) e, sobre todo, dun pulo social, que xurda dende a cidadanía e, quizais, dende o Poder local de moitos concellos grandes, medianos e pequenos. Pulo social que comeza ser urxente, pois que perder máis tempo sería perigoso.



















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



