San Cibrao, 11 de agosto de 2015.- O próximo xoves 13 de Agosto ás 19h00 o Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo) acollerá a conferencia “As sereas, habitantes da Galiza: do mar de Arousa ao porto do Sancibrao, unha viaxe pola literatura e a arte” a cargo de Xulio Pardo de Neyra.
Xulio Pardo de Neyra é profesor Titular da Universidade da Coruña na Faculdade de Ciencias da Educación, sendo Doutor en Filoloxia Galega pola Universidade de Santiago de Compostela ao tempo que Doutor en Historia Contemporánea pola mesma Universidade e Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e Literatura pola Universidade de València, sendo a única persoa que conta con tres Doutramentos e tres Teses de Doutoramento no Estado Español. Desde moi novo colaborou coa prensa escrita lucense, publicando o seu primeiro libro aos dezanove anos. Actualmente ten publicados unha trintena de ensaios centrados no estudo da literatura galega medieval, da do Barroco e da contemporánea, na introdución do vangardismo nas letras galegas, na literatura infantil, no republicanismo. Foi director da revista A literatura galega na Escola e participou en numerosos congresos e simposios, tanto nacionais como internacionais e, así mesmo, ten organizado varias xornadas.
O Museo Provincial do Mar convida a asistir a este acto que aprofundará na liña temática desenvolvida nas últimas semanas sobre a presencia das sereas na cultura galega aproveitando a celebración da Maruxaina o pasado sabado. Tamén desde a mesma institución lembran a posibilidade de visitar a exposición “A Maruxaina e outras sereas” con esculturas de Otero Regal e textos de Pablo Mosquera e Pablo Rivas.


























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



