Alfoz, 6 de agosto de 2015.- Este mércores tivo lugar a entrega de diplomas do 2º Curso de Cestería Tradicional impartido polo Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo. O acto tivo lugar no Hotel Casa Franco de Alfoz.
Procedeuse á entrega de diplomas por parte de Xabier Pardiñas Suárez, presidente do Seminario de Estudos do Valadouro, ós alumnos desta segunda promoción do Curso de Cestería Tradicional, formados por: Jordi Melian Pagés, José Angel Díaz González, José María García Oroza, Lucía Díaz Pardiñas, Sonia Vizoso Ares, Miguel Otero Otero, Begoña Soto Santos, Martina Romero García, Rosa María González López e Gema Vilares Mon. Tamén se lle entregou unha insignia ó profesor do curso José Ramón Vázquez González.
O Seminario de Estudos do Valadouro quere agradecer o traballo de todos os alumnos deste curso e en especial o do seu profesor José Ramón Vázquez González, quen seguira colaborando co colectivo, pois o Seva traballa na organización da terceira edición deste curso, no afán de loitar pola conservación de oficios tradicionais propios da comarca do Valadouro.