Foz, 3 de agosto de 2015.- O historiador Xoán Ramón Fernández Pacios abre este luns 3 de Agosto ás 20:30 na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz a XX edición das Xornadas de Historia Local que a Asociación Sociocultural “A Pomba do Arco” ven celebrando de xeito ininterrompido nas primeiras semanas do mes de Agosto cunha palestra que leva por título “Crónica negra de Foz”. Fernández Pacios, Licenciado en Historia pola USC, autor de diferentes traballos sobre a Idade Media e a Idade Moderna na Mariña de Lugo algúns deles publicados en libros propios e revistas especializadas , achegaranos algúns dos incidentes violentos e feitos desgraciados que sucederon no Concello, arrancando a súa investigación no século XVI.
O primeiro crime que testemuña Fernández Pacios na súa exposición é o de Alonso de Río, un fidalgo da Casa de Moscoso, asasinado en 1520 en San Martiño de Mondoñedo por un coengo, na altura residente en Roma, que acusaba ao de Moscoso de telo castrado. O último dos crime ao que se referirá ten como protagonista a Hipólito Marful Moreda, “O Chorlo”, morto o día de San Lourenzo de 1951 nun enfrontamento cuns individuos de etnia xitana que ocupaban unha propiedade deste no lugar da Granda e que remataría cunha venda polo sistema dos bens dos autores do crime após unha fuga que mobilizou ás forzas de seguridade da zona durante varios días. Fernández Pacios excluirá do seu relatorio as mortes e a violencia de orixe político.
Un dos sucesos violentos do que se ocupara Fernández Pacios é o popularmente coñecido como “O Crime do Pozo Mouro” perpetrado por un dependente de consumos natural da Fonsagrada e residente na Espiñeira, Antón Enríquez Enríquez, na noite do 9 de outubro de 1905 mentres entraba a roubar na fábrica de embutidos e conservas cárnicas do Pozo Mouro rexentada por don Xosé Suárez Vigil, coñecido popularmente como “Don Xosé o das conservas e que tería como vítima a veciña de Vilaronte Ramona López García. Ramona López García, a pesar da brutalidade da agresión que a prensa cifraba en 12 puñaladas, saíu con vida do incidente non sendo detido até o mes de Xuño de 1907 o autor do mesmo após unha axitada fuga e persecución que mobilizou a prensa galega.
Fernández Pacios na súa viaxe tamén terá un espazo para a conflitividade que xurdían nas feiras que se celebraban na práctica totalidade das parroquias do Concello e que daba como resultado continúas actuacións da Garda Civil para evitar males maiores e requisar armamento ou mesmo redadas contra supostos timos vinculados a cartomancia e que vai provocar en 1917 a detención de Sabina Ramos. Estes son algúns dos temas que se tratarán na charla de Fernández Pacios que achegará información de sucesos desta natureza acontecidos na totalidade dos núcleos de poboación do Concello.
Nesta dirección o poñente referirase as habituais pelexas que se motivaban arredor da Romaría do Bispo Santo entre os veciños das parroquias de Foz e Vilaronte. Neste caso ten particular relevo a acontecida no ano 1671, na que se enfrontan ambas parroquias provocando que das 11 parroquias da comarca da Mariña que concorrían en 1671 á Romaría ficasen reducidas só a dúas setenta anos máis tarde como testemuñaban ao respecto diferentes fontes eclesiásticas, entre elas o párroco de Foz Don Diego de Quindós.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



