Lourenzá, 10 de agosto de 2015. A Xunta de Galicia iniciou as obras de construción dunha escollera que permitirá mellorar os accesos ao lugar da Tilleira, na parroquia de Santa María. As choivas caídas no termo municipal de Lourenzá o pasado mes de decembro de 2014 fixeron que o talude desta estrada se desprendese e a vía que da acceso ao barrio da Tilleira quedase case totalmente descolgada, o que supoñía un perigo para vehículos e viandantes, explicou a alcaldesa, Rocío López.
A rexedora supervisou o inicio dos traballos, acompañada do concelleiro de Desenvolvemento Rural, Miguel Castrillón. “Trátase dunha vía por onde a diario acoden a pasear moitos veciños e veciñas de Lourenzá e por onde discorre moito tráfico rodado. As obras afectan a un camiño público de titularidade municipal, coñecido comunmente por ruta do colesterol. Dende o meu primeiro día como alcaldesa levo preocupándome por este tema e son consciente de que era unha das actuacións urxentes e prioritarias que necesitaba o concello de Lourenzá; por iso estou contenta de que por fin se estean a realizar estas obras”, declarou Rocío López.
Ademais a alcaldesa aproveitou a ocasión para dar conta de outras actuacións pendentes: “existen a día de hoxe dous camiños públicos de titularidade municipal que están cortados polo derrubamento de dúas pontes, tamén a consecuencia desas riadas do pasado mes de decembro. Unha delas é a ponte de Gallardo, na parroquia de San Adriano, e outra a ponte sobre o rego de Entrepenas, na parroquia de Santo Tomé. Dende o Concello de Lourenzá seguimos traballando e insistindo na necesidade e urxencia da construción desas pontes; e esperamos que canto antes se podan levar a cabo esas obras”.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



