Burela, a 18 de agosto de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) denunciou este martes que o Concello de Burela, por primeira vez, deixará de impartir cursos de formación para desempregados de longa duración e en situación de risco, concedidos e financiados ó cento por cento pola Xunta de Galicia.
Os populares lembran que “o goberno municipal do PP solicitou no seu momento cursos de formación de desempregados, concedéndose tres: auxiliar de servicios administrativos, con unha financiación de 33.030’00€; promoción turística e información ó visitante, cun custo de 51.651’00€, e un terceiro de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, cun importe de 20.358’00€”.
O GMP di que “cos tres cursos, cun custo total de 105.039’00€ financiado íntegramente pola administración autonómica, a Xunta e o concello formarían a corenta e cinco desempregados en ámbitos laboráis con futuro; os participantes nos cursos acadarían, ademáis do título, o certificado de profesionalidade, requisitio hoxendía imprescindible para seren contratados por empresas e administracións”.
“Ademáis, indican desde o PP, os cursos xeneran alomenos outros seis postos de traballo temporáis, os monitores e os auxiliares administrativos precisos para levar a cabo os cursos”.
“Pois ben, gracias á eficaz xestión do alcalde, que como de costume deixou que o tempo pasase, resulta que o curso de promoción turística non poderá impartirse, xa que non se fixeron os trámites a tempo no INEM e as persoas con perfiles axeitados para eses cursos, á vista de que o concello de Burela non convocaba as prazas de alumnos, optaron por inscribirse noutros cursos noutros concellos; mesmo semella que houbo que rescindir o contrato a un dos monitores en tempo récord. Deste xeito, o concello de Burela, por vez primeira, deixará de impartir un curso de formación de desempregados; dito de outra maneira, deixará de investir 51.651’00€ en formación de parados de longa duración e en situación de risco”, afirman desde o GMP, que lembran que os alumnos asistentes a estes cursos cobran unhas contías diarias por asistencia, anque pequenas.
Desde o GMP afirman que “outro curso, o de operacións auxiliares de servicios administrativos e xeráis, que tén unha financiación de 33.030’00€, tamén corre perigo de non poder realizarse, ante a pasividade do alcalde, que semella estar máis preocupado por outras cuestións de índole estética ca no traballo que lle compete como alcalde”.
Para os concelleiros populares, “queda claro que ó alcalde non lle preocupan nin pouco nin moito os parados; o concello de Burela, que durante moitos anos se preocupou pola formación dos desempregados, que mellorou considerablemente as condicións do centro de formación, queda agora en entredito como institución, pola irresponsabilidade dun alcalde que prefire estar no tanatorio facendo o bicamáns ca estar no concello atendendo ó que tén que atender”.
“Coa situación de desemprego existente, ainda que millora mes a mes, Burela non se merece un alcalde que se despreocupe da formación dos parados e que perda cartos, non do concello, senón da Xunta, para tal formación”, conclúe o GMP.