Ribadeo, 6 de agosto de 2015.- Obras de catorce artistas plásticos da zona, moitos deles ribadenses e outros vinculados a outros lugares da Mariña, están expostas no forte de San Damián ata o día 19 deste mes. Estas creacións forman parte da mostra Mariñarte 2015, que foi inaugurada hoxe polo concelleiro de Cultura ribadense, Farruco Graña Rama.
“Pasiño a pasiño, tarde a tarde, mañá a mañá, ao final acaba pasando por aquí moita xente; a anterior exposición que tivemos foi visitada por unhas 1.400 persoas. É atractivo o lugar para facer unha exposición, é atractivo o entorno para dar un paseo e aproveitar que está o forte de San Damián aberto para ver unha exposición que, neste caso, ademais é moi gratificante porque podemos contemplar a obra que se está formando, que está saíndo adiante e que están empezando como creadores: tanto fotógrafos como pintores, deseñadores. Podemos ver que hai futuro e hai esperanza porque a creación artística en Ribadeo e na Mariña luguesa ten forza e futuro”, comentou o edil de Cultura.
Farruco Graña engadiu que “a creación artística de Chus Colmenero, de Cristina Basanta, de David Rivas, de Eduardo Fernández, de Eugenia Fernández de Sela, de Eva Rivas, de Javier Peralta, de Joseba Muruzabal, de Jotace, de Lucía Vila, de Mateo Guerreiro, de Nacho Riesco, de Patricia Arellano e de Ticiana Ghiglione está entre os muros do forte de San Damián, ben protexida das inclemencias meteorolóxicas, que espero que queden ben lonxe e que nos deixen unha semana de bo tempo para pasear e vir contemplar a exposición. E, ao mesmo tempo, tamén están nun lugar ben acolledor, no que espero que todos poidamos gozar de cada un deses cadros, fotografías e deseños”.
Ademais o concelleiro de Cultura animou “a todos e a todas a vir, a todas as persoas presentes aquí a que animen aos seus amigos, amigas e compañeiros a que se acheguen polo forte de San Damián. E desexarlles moito futuro a estas novas promesas, xente que algúns deles xa teñen experiencia e outros están empezando moi noviños. O Concello de Ribadeo, e en concreto a Concellaría de Cultura, seguirá apostando pola xente nova que quere comezar a mostrar a súa capacidade creadora. Seguiremos nesa liña e o mellor que podemos facer é seguir contemplando a exposición e felicitar aos artistas pola súa capacidade creativa”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



