O Deputado provincial socialista, Pablo Rivera Capón, desvelou este luns que o Goberno Provincial do Partido Popular ten que devolver á Unión Europea 90.000 euros que o Executivo progresista de Gómez Besteiro acadou a través do Pacto Provincial polo Emprego para a celebración de 9 accións formativas con prácticas remuneradas en empresas da provincia, dirixidas a 135 desempregados lucenses. “Esta situación é irreversible. Polo tanto, Candia destruíu 135 empregos na provincia e perdeu 90.000 euros de fondos europeos. Este é un novo e claro exemplo da situación de parálise absoluta na que mantén ao organismo provincial, xa que o único que está a facer é tentar limpar a imaxe do PP e de Feijóo, mentres destrúe todo o que durante 8 anos acadou Gómez Besteiro para os lucenses”.
Rivera Capón explicou que “aínda ter todo listo, pois deixamos totalmente programados os cursos do Pacto Provincial polo Emprego tras acadar máis de 4 millóns de euros do Fondo Social Europeo, os populares non foron capaces nin de convocar a tempo 5 cursos desta programación, polo que ninguén se inscribiu nos mesmos, e directamente xa renunciaron á celebración doutros 4. Así xestiona os fondos provinciais o Goberno de Candia e así responde á principal preocupación dos lucenses: o emprego”, remarcou.
Os cursos perdidos polo PP, que estaban programados para celebrárense en Concellos de toda a provincia, ofrecían gratis a desempregados lucenses formación profesional sobre o sector do benestar, un dos principais nichos de emprego na provincia, co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral e potenciar a calidade de vida. Concretamente, eran 5 cursos de Coidador de discapacitados físicos e psíquicos e 4 de Atención especializada para enfermos de Alzheimer. Incluían clases teóricas e prácticas en empresas e asociacións da provincia. Durante todo este proceso, é dicir, tanto na parte teórica como na práctica, os beneficiados recibirían uns 400 euros ao mes, que é o equivalente ao 75% do IPREM, a cantidade máxima que permite conceder a normativa que regula o Fondo Social Europeo.
A 1ª vez que a Deputación ten que devolver fondos á UE
Esta é a primeira e única vez que a Deputación de Lugo ten que devolver fondos á Unión Europea por non executalos. En contraposición co conseguido polo Executivo popular de Candia, o Goberno progresista de Gómez Besteiro foi premiado ata en 3 ocasións pola Unión Europea pola súa xestión de fondos europeos, recibindo 3,3 millóns de euros máis para a provincia cos repartos de remanentes:
1ª.- co reparto de remanentes do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), no que se incluíron as primeiras partes do Innova-TE e Lug02, a Unión Europea concedeu á Deputación de Lugo 1,4 millóns de euros, sendo a entidade local de Galicia que recibía o maior presuposto.
2ª.- co reparto de remanentes das axudas do Fondo Social Europeo, no que se incluíu o primeiro Pacto Provincial polo Emprego que ofreceu formación e prácticas remuneradas a máis de 1.000 desempregados lucenses, a UE concedeu 600.000 euros á institución luguesa
3ª.- hai tan só unhas semanas fixo por terceira vez, concedendo 1,5 millóns de euros máis para a provincia co reparto de remanentes das axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para a convocatoria de 2011, no que se incluíron as segundas edicións dos programas Innova-TE e Lug02.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



