Fai un tempo falouse moito de as probas de “stess” que o Banco Europeo facia a banca de este vello continente. Non estaría demais aplicar estes controis aos partidos políticos, melloraría moito a calidade da nosa clase política
Como di a máxima que nunca che deitarás sen saber unha cousa máis, os comunicadores do mundo financeiro son quen tomaron o protagonismo pedagógico de ensinarnos novos vocáblos ou novas aplicacións a términos xa existentes, e nalgúns casos inexistentes, para explicarnos o mal que está o mundo da economía e das finanzas.
“Test de stress”, que no noso rico e expresivo idioma equivale a “probas de forza ou de resistencia”, existiron sempre, desde os principios da mecánica máis elemental. Unha cordon rómpese cando xa non soporta máis peso, así de sinxelo.
Véñense aplicando no campo da saúde para determinar o límite irrebasable da tensión que poden soportar os nosos órganos en circunstancias extremas, no deporte para cualificar a forza muscular límite dos competidores, utilízanse na campo da aplicacións informáticas para comprobar as súas posibles respostas, en edificación para demostrar como se comportarían os materiais empregados en circunstancias extremas sobrevenidas, ata en educación para evidenciar a capacidade de reacción cognitiva dos alumnos e evaluar a didáctica dos programas.
En si non son máis que laboratorios experimentais, campos de probas creados artificialmente, simulaciones baixo unhas circunstancias forzadas ou inventadas nas que se somete ao suxeito ou ao obxecto a sobrevivir ou resistir nun medio forzado e poder medir así as súas capacidades extremas.
Non estaría demais aplicar estes controis aos partidos políticos e os seus representantes a nivel estado, autonomico, provincial e local co fin de valorar as súas capacidades de acción e reacción ante eventos inesperados de calquera natureza, iso melloraría moito a calidade da nosa clase política.
A bo seguro que serian moi poucos os que as superaran e enton os mandaríamos para casa e poñeriamos outro e si non as superaba, o seguente, que para levar o bastón de mando en festas e procesions vale calquera.
Otero Regal.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



