Ribadeo, 6 de agosto de 2015.- Dende o luns, o pavillón municipal de Ribadeo acolle o Campus de Ximnasia Rítmica da escola mariñá Porta Norte, iniciativa na que un ano máis volve colaborar a Fundación Imdecum,
Unha vintena de rapazas gozan esta semana dun amplo programa de actividades con ximnasia rítmica, ballet, baile moderno, danza española, ximnasia estética e expresión corporal, pero tamén con tempo para perfeccionar outras habilidades como maquillaxe, elaboración de indumentaria para bailes, manualidades, excursións…
As ximnastas porán o broche á aprendizaxe de cinco intensos e divertidos días o sábado no pavillón ribadense, cun festival de exhibición previsto para as 12.00 horas.