Cervo, 4 de agosto de 2015.- San Cibrao acolleu a pasada fin de semana a terceira edición do torneo de tenis de mesa organizado polo club local deste deporte e tamén unha proba da quinta edición da Copa Deputación Provincial de Lugo de piragüismo, que organizou no embalse de Riocobo o Club Deportivo San Ciprián.
Estes dous eventos contaron coa colaboración do Concello de Cervo e “son dous exemplos máis do apoio ás diferentes disciplinas deportivas que se practican no noso municipio por parte do goberno local”, segundo destacou o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto.